España
O catalán non poderá ser lingua de uso preferente nas Deputacións de Girona e Lleida
O Tribunal Supremo avalou a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña de non considerar o catalán como lingua de uso preferente nas Deputacións provinciais de Girona e Lleida tal e como establecían os seus regulamentos.
Fonte: El Periódico
O Concello de Andoain pon en marcha un programa para fomentar o éuscaro no ámbito laboral
O Concello de Andoain, xunto coa asociación Banaiz Bagara, vai poñer en marcha un novo programa de fomento do éuscaro que buscará impulsar o uso desta lingua no ámbito laboral.
Fonte: Diario Vasco
A reivindicación pola oficialidade do asturiano acada 1 600 000 impresións en Twitter
Iniciativa polo Asturiano cifrou en 1 600 000 as impresións en Twitter do hashtag pola oficialidade do asturiano realizadas o mesmo día en que se celebraron manifestacións a favor da promoción desta lingua no Principado.
Fonte: Asturnews
A demanda de prazas en éuscaro para nenos entre 0 e 3 anos supera a oferta das escolas en Pamplona
As únicas dúas escolas infantís de Pamplona que ofrecen prazas en éuscaro reciben un número de solicitudes de escolarización moi superior ás prazas que teñen dispoñibles. En concreto, queda fóra un de cada catro nenos.
Fonte: Noticias de Navarra
Un acordo entre a Generalitat e a Deputación de Barcelona promoverá o catalán nas empresas
O Departamento de Cultura do Goberno catalán e a Deputación de Barcelona asinaron un acordo para fomentar o catalán, especialmente nas empresas, que consistirá en 1125 horas de formación nos centros de promoción económica locais.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Reclaman maior presenza do asturiano na televisión pública de Asturias
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana reclamou unha maior presenza da lingua asturiana na televisión pública de Asturias, dado que ata agora a súa presenza é de tipo anecdótico e non regular.
Fonte: Asturnews
Unha nova orde da Junta de Castilla y León relega o galego a unha materia de libre configuración autonómica
A organización Fala Ceibe do Bierzo denuncia que esta nova orde constitúe un retroceso para a consolidación do galego neste territorio.
Fonte: Galicia Confidencial
Entréganse os premios á creatividade en éuscaro do alumnado da Mancomunidade de Sakana en Navarra
O certame María Markotegi de creatividade en éuscaro celebrado na Mancomunidade de Sakana entregou os seus premios aos estudantes que participaran.
Fonte: Noticias de Navarra
A Semana do Deporte de Andoain promoverá o uso do éuscaro no deporte
O municipio guipuscoano de Andoain prepara a súa Semana do Deporte, cuxo lema “No deporte tamén en éuscaro” busca a promoción do uso desta lingua nas actividades deportivas.
Fonte: Diario Vasco
As clases de catalán para adultos son cada vez máis populares en Eivisa
Debido á popularidade coa que contan as clases de catalán para adultos na illa, o Goberno balear e o concello de Eivisa puxeron en funcionamento cursos de baixo custo para facilitarlles o acceso á lingua ás persoas interesadas en aprendela.
Fonte: Periódico de Ibiza
Boletín
Subscríbase ao boletín