España

Entidades do sector educativo critican os ataques ao modelo de inmersión en catalán

A Asociación Somescola, que agrupa a sindicatos e entidades educativas, denunciou ataques do Goberno central ao modelo de inmersión en catalán nos colexios, a pesar dos bos resultados que sempre obtivo.

Fonte: ABC

Cataluña

Unha sentenza do Tribunal Supremo fixa no 25 % as clases que se deben impartir en castelán en Cataluña

O Tribunal Supremo avala a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña pola que a porcentaxe de clases que se deben impartir en lingua castelá nos centros educativos da comunidade sexa do 25 %, co que se inclúe unha materia troncal ademais da de Lingua Castelá.

Fonte: El Mundo

Cataluña

O Voluntariado pola Lingua contou con máis de 10 000 parellas lingüísticas en 2014

O programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña ten por obxectivo permitirlles ás persoas que o desexen practicar a lingua catalá en contextos reais. No ano 2014, contou con 10 189 parellas lingüísticas.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Defenden a dobraxe de debuxos animados en lingua asturiana

O xornalista Damián Barreiro defendeu a creación dunha industria de tradución de debuxos animados ao asturiano co obxectivo de transmitir a lingua propia e crear empregos.

Fonte: 20 minutos

Asturias

A Generalitat de Cataluña asina un acordo para fomentar o catalán no ámbito da Xustiza

A Generalitat de Cataluña asinou un acordo cos colexios xurídicos do ámbito da Xustiza para continuar co fomento da lingua catalá neste eido.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Comunidade Valenciana aumentará os requisitos para poder dar clases en inglés

A Comunidade Valenciana engadirá un novo requisito para os profesores que impartan materias en inglés, máis alá do certificado de coñecemento do idioma e que consistirá na realización dun curso sobre métodos pedagóxicos.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Entréganse os premios do concurso de anuncios en éuscaro

O concurso Euspot de anuncios en éuscaro celebrou a súa cerimonia de entrega de premios na que se entregaron os galardóns que ascenderon a mil euros. Esta edición contou con 35 traballos presentados e o intento de chegar á poboación nova.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O éuscaro será a lingua principal de traballo en catro departamentos do Concello de Donostia

As áreas de Igualdade, Participación Cidadá, Educación e Servizo de Éuscaro adoptarán o éuscaro como lingua principal de traballo, o que implica que a partir de agora, toda comunicación con outros departamentos se realizará nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Estremadura establece o número de materias impartidas en lingua estranxeira nas sección bilingües

O Goberno de Estremadura fixo público o número de materias que os centros educativos de Educación Infantil e Primaria terán que impartir noutra lingua para poder ser considerados bilingües. No caso de Infantil serán o 20 % do total das súas materias, e en Primaria, o 40 %.

Fonte: El Diario

Estremadura

Piden que o teléfono de emerxencias 112 incorpore a lingua de signos

A Confederación Estatal de Persoas Xordas, CNSE, reivindicou a incorporación da lingua de signos ao servizo telefónico de emerxencias, para facilitar a súa accesibilidade.

Fonte: Discapnet

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder