España
Máis de 17 000 alumnos de Primaria escollen a materia de lingua asturiana
O estudo da lingua asturiana nos centros educativos de Primaria conta actualmente con 17 000 alumnos, é dicir, un 53 % do total, unha cifra moi superior ao 15,43 % en Secundaria ou o 3,58 % en Bacharelato.
Fonte: Te Interesa
O Parlamento vasco rexeita a proposta de multar as empresas que non atendan en éuscaro
O Parlamento vasco rexeitou unha proposición que defendía a imposición de multas ás empresas que non utilizasen o éuscaro na atención ao cliente.
Fonte: Deia
Reivindican o español como lingua de transmisión do coñecemento científico
O español foi reivindicado como lingua de transmisión do coñecemento científico, en concreto biomédico, durante a celebración do Foro Internacional do Español que tivo lugar en Madrid.
Fonte: El Economista
O Goberno de Navarra certificará o nivel de éuscaro a través de certificados adaptados ao marco europeo das linguas
O Goberno de Navarra vai crear novos certificados de acreditación do nivel de éuscaro que se adapten ao marco europeo das linguas e que sirvan como estándar para todas as administracións.
Fonte: 20 minutos
Varias vilas vascas fomentarán o éuscaro nos salóns de peiteado
As vilas da comarca de Oarsoaldea, no País Vasco, van organizar unha campaña para fomentar o uso do éuscaro nos salóns de peiteado, no seu afán de promover esta lingua en diferentes gremios.
Fonte: Diario Vasco
O municipio vasco de Ermua celebra a súa Feira do libro e o disco vasco
Ermua celebra unha nova edición da súa Feira do libro e o disco vasco, na que se presentarán as últimas novidades editoriais en éuscaro. Este evento de promoción do éuscaro celébrase anualmente desde 1992.
Fonte: Diario Vasco
A lingua catalá aumentou o número de falantes nos últimos dez anos
Un novo informe destaca o aumento de falantes de catalán nos últimos dez anos. De feito, esta lingua conta agora con 1,4 millóns de falantes máis.
Fonte: Radio Intereconomía
O TERMCAT publica un novo dicionario en catalán sobre terminoloxías das ciencias da saúde
O TERMCAT publicou un novo dicionario en liña sobre terminoloxía das ciencias da saúde. Este novo dicionario en catalán é un compendio doutros doce dicionarios anteriores sobre ciencias médicas e farmacolóxicas.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Os concellos de Zumarraga e Urretxu organizan colonias de verán para fomentar o éuscaro entre os nenos
Os concellos vascos de Zumarraga e Urretxu van organizar colonias de verán que acollerán ata a 300 nenos co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre eles.
Fonte: Diario Vasco
Crean unha aplicación para móbil que traduce textos ás linguas da península ibérica
Un investigador guipuscoano desenvolveu unha aplicación para móbil que permite traducir texto escrito, audio e imaxes á maiorías das linguas da península, en concreto, a castelán, portugués, galego, catalán, éuscaro, occitano, asturiano e aragonés.
Fonte: EITB
Boletín
Subscríbase ao boletín