España
Poboación inmigrante e empresas serán os principais destinatarios dos máis de 3500 cursos de catalán ofertados pola Generalitat
A través do Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL), durante o curso 2015-2016 ofreceranse en toda Cataluña máis de 3500 cursos. A poboación inmigrante e as empresas serán dous colectivos aos que se lles prestará unha maior atención.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Valencia terá o valenciano como lingua preferente en todas as súas comunicacións
Unha das medidas que se porán en marcha para fomentar o uso do valenciano será a creación dun gabinete de normalización lingüística.
Fonte: El Diario
Increméntase en 300 000 persoas o número de falantes de éuscaro
O lehendakari destacou que o éuscaro gañou máis de 300 000 falantes, moitos deles grazas aos euskaltegis.
Fonte: Deia
Monitores de deporte e tempo libre contarán con axudas do Concello de Bilbao para aprender éuscaro
A finalidade destas axudas é fomentar o uso do éuscaro nos ámbitos do deporte e o tempo de lecer.
Fonte: El Diario
Unha nova liña de axudas subvencionará as traducións ao catalán de obras non literarias
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña lanza esta nova liña de axudas coa que se busca fomentar a tradución ao catalán de obras non literarias.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Avilés celebra vodas civís en asturiano
Xa é posible casar en asturiano en Avilés. Deste xeito, o Concello segue a avanzar cara á normalización lingüística na institución.
Fonte: Asturies.com
A política lingüística da Deputación de Biscaia orientarase á consecución dunha maior cohesión social
Desde a Deputación consideran que impulsar a revitalización do éuscaro redundará nunha mellor convivencia e axudará a conseguir unha sociedade cada vez máis bilingüe.
Fonte: Noticias Press
O Pleno do Concello de Xixón rexeita a oficialidade da lingua asturiana
O Pleno do Concello de Xixón rexeitou o apoio á oficialidade do asturiano, ao conseguir esta iniciativa 11 votos en contra, 8 a favor e 8 abstencións.
Fonte: Asturies.com
Formulan catro propostas “de emerxencia” para fomentar o emprego do valenciano
A Plataforma pola Lingua defende, entre outras medidas, que os funcionarios con tarefas administrativas demostren nivel medio de valenciano, que se fomente a lingua no comercio e que se garantan os medios de comunicación propios en valenciano.
Fonte: 20minutos
O Goberno de Asturias promoverá o uso da lingua asturiana nos medios de comunicación
A promoción da lingua asturiana farase en todos os medios de comunicación, tanto públicos coma privados, con especial atención á programación da radiotelevisión pública.
Fonte: El Digital de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín