España
O municipio de Oarsoaldea premia con sorteos os cidadáns que utilicen o éuscaro
Esta iniciativa de promoción do éuscaro busca que os cidadáns de Oarsoaldea utilicen o éuscaro cando compran nos comercios locais. Cada vez que o fagan, recibirán unha tarxeta que lles permitirá entrar nun sorteo de entradas de teatro.
Fonte: Diario Vasco
Crean o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española
O Instituto Cervantes, a Universidade de Salamanca e a Universidade de México asinaron un acordo polo que se crea o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española, encargado de determinar o nivel de español das persoas que estuden esta lingua en calquera parte do mundo.
Fonte: Tribuna Salamanca
O Goberno vasco daralles axudas aos municipios que permitan ausencias dos funcionarios para estudar éuscaro
O Goberno vasco destinará un total de 155 000 euros en axudas aos municipios para que poidan substituír os funcionarios ausentes do seu posto de traballo para estudar éuscaro.
Fonte: ABC
Denuncian o trato dun programa de Televisión Española á lingua aragonesa
O partido político Chunta Aragonesista vai presentarlle unha queixa a Televisión Española polo trato que lle deu á lingua aragonesa no seu programa Comando Actualidad.
Fonte: El Periódico de Aragón
Denuncian a falta de continuidade coas políticas toponímicas en Asturias
A asociación Iniciativa polo Asturiano denuncia a falta de continuidade en Asturias coas políticas toponímicas. No seu último editorial, expresan a súa conformidade cos esforzos por normalizar os topónimos na comunidade, pero lamentan que nin o Goberno, os colexios ou os medios de comunicación as apliquen e utilicen os topónimos normalizados.
Fonte: Infoasturies
O éuscaro non poderá ser un factor determinante na selección de condutores de autobús en Donostia
A empresa de autobuses de Donostia non poderá utilizar a proba de éuscaro como factor eliminatorio no proceso de selección de condutores, xa que vai en contra do convenio laboral existente.
Fonte: Diario Vasco
As entidades culturais de Pamplona xa poden solicitar as axudas para actividades en éuscaro
As entidades culturais de Pamplona xa teñen o prazo aberto para solicitarlle ao Concello as subvencións para actividades culturais en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Varias organizacións queren impulsar as intervencións de cidadáns en éuscaro na televisión pública vasca
Varias organizacións vascas queren convencer os cidadáns que falen éuscaro de que realicen as súas intervencións na televisión pública vasca nesta lingua, en lugar de en castelán.
Fonte: EITB
A creación da primeira comunidade xurídica euscalduna impulsará o uso do éuscaro na Xustiza
Os diferentes organismos implicados na totalidade do proceso xudicial traballan na creación da primeira comunidade xurídica euscalduna, que facilitará o uso do éuscaro en todas as fases.
Fonte: Cadena Ser
O ensino secundario bilingüe de Murcia contará con, polo menos, unha materia en lingua estranxeira
A modalidade bilingüe do ensino secundario da rexión de Murcia contará con polo menos unha materia ademais das linguas impartidas integramente na lingua estranxeira escollida.
Fonte: La Verdad
Boletín
Subscríbase ao boletín