España

O Departamento de Cultura de Cataluña publica en liña un documento para promover a lectura en catalán entre os adultos

“Llegir per parlar, llegar per aprendre” é unha publicación en liña do Departamento de Cultura de Cataluña que busca promover a lectura en catalán entre a poboación adulta.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Goberno valenciano outórgalle o premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14

A Generalitat valenciana outorgoulle un premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14 por redactar nesta lingua os libretos das festas da Magdalena.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Reclaman que se volva poñer en marcha o Servizo de Normalización Lingüística no Concello de Mieres

A asociación Iniciativa polo Asturiano reclámalle ao Concello de Mieres que volva poñer en marcha o Servizo de Normalización lingüística que interrompeu hai dous meses.

Fonte: Infoasturies

Asturias

Un concello de Asturias celebra un concurso gastronómico con carteis redactados integramente en asturiano

O concello de San Martín do Rei Aurelio vai celebrar a cuarta edición do seu concurso de tortillas, no que todos os carteis e papeis publicitarios están redactados en asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

O Concello de Errenteria organiza unha campaña para promover o éuscaro nos comercios

Como parte das súas accións de promoción do éuscaro, o Concello de Errenteria organizou unha campaña que busca o uso desta lingua nos comercios da localidade.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

As VII Xornadas Martín Sarmiento congregan os máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria

A sétima edición das Xornadas Martín Sarmiento, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento, congregaron en Vilafranca do Bierzo os máis de mil escolares de ensino primario e secundario que estudan lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria.

Fonte: Xunta de Galicia

Castela e León

Unha nova aplicación móbil en éuscaro reivindica mulleres de éxito na historia

O xogo tipo trivial consiste en preguntas sobre mulleres que deixaron a súa pegada na historia e todas as preguntas están redactadas en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

Suspenden o programa de radio en galego Lonxe da Terra, que se emitía en Cataluña e Andorra

O programa Lonxe da Terra era o terceiro máis antigo en lingua galega e servía como punto de contacto entre os galegos de Cataluña e Andorra.

Fonte: La Región Internacional

Cataluña

Unha organización valenciana pide a igualdade lingüística entre valenciano e castelán

A organización Acción Cultural do País Valenciano solicitou mediante un documento con propostas de mellora a igualdade lingüística entre valenciano e castelán na Comunidade.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A promoción do éuscaro nas facturas emitidas por empresas divide o Concello navarro de Baztán

A nova medida do consistorio navarro de Baztán de incluír o éuscaro nas facturas emitidas polas empresas para promover o uso desta lingua non foi ben acollida por algúns concelleiros da corporación, que a consideran unha imposición.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder