España

A páxina web do Concello de Eibar conta cunha sección especial para actos en éuscaro

A web do Concello vasco de Eibar conta agora cunha sección especial para informar dos actos en éuscaro que se realizarán no municipio.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Aragón sumará quince centros bilingües máis aos 233 que existen actualmente

O próximo curso quince novos centros de educación primaria e secundaria de Aragón contarán con programas bilingües, sumándose aos 233 que xa existen actualmente.

Fonte: Heraldo

Aragón

As denuncias por vulneración de dereitos lingüísticos aumentaron no País Vasco en 2014

En 2014, rexistráronse un total de 342 denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos no País Vasco, o que constitúe un aumento do 15 % con respecto ao ano anterior.

Fonte: EITB

País Vasco

Entréganse os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña entregou os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá, que recaeron no profesor Juan Frigola Masclans, a escola barcelonesa Tres Pins e a televisión dixital Webvisual TV.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A localidade valenciana de Benissa fomenta o valenciano a través de obradoiros de dobraxe dirixidos a escolares

O Concello de Benissa organizou unha serie de talleres dirixidos aos alumnos dos institutos da localidade nos que estes teñen a oportunidade de practicar técnicas de dobraxe en valenciano. Con estes obradoiros, búscase a promoción do valenciano e o seu uso social, ademais de incitar á mocidade a consumir produtos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

A localidade navarra de Falces celebrou unha festa para reivindicar o éuscaro

A localidade navarra de Falces celebrou unha nova edición da festa Euskararen Eguna que reivindica a normalización do éuscaro nas localidades pertencentes á zona non vascófona de Navarra.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Dous terzos dos estudantes vascos realizarán as probas de selectividade en éuscaro

Os estudantes vascos que realizarán as probas da selectividade en éuscaro no País Vasco supoñen dous terzos con respecto aos que as farán en español, unha diferenza que é aínda maior na provincia de Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Un acto a favor do éuscaro en Vitoria reivindicará as ikastolas da Rioxa Arabesa

A ikastola San Bizente de Oion celebrará a súa festa do éuscaro en Vitoria para reivindicar o ensino desta lingua na Rioxa Arabesa.

Fonte: El Correo

País Vasco

O catalán continúa sendo a lingua de preferencia dos país para escolarizar os seus fillos en Baleares

Case o 80 % das familias baleares escolleu o catalán como primeira lingua de escolarización para os seus fillos, continuando a tendencia dos últimos anos.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

A Universidade de Huelva incrementará o número de materias impartidas en lingua estranxeira

O próximo curso académico 2015-2016 a Universidade de Huelva contará cun total de 300 créditos académicos que se impartirán en lingua estranxeira. Este incremento no número de materias impartidas en lingua estranxeira prevese que continúe ata acadar o 25 % do total.

Fonte: Huelva Ya

Andalucía

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder