España

O Concello de Hondarribia aumenta o seu orzamento para o éuscaro nun 4,5 %

O Concello de Hondarribia anunciou un incremento do 4,5 % no orzamento destinado á área de éuscaro, que contará este ano con 650 031 euros.

Fonte: Noticias de Empresas

País Vasco

Lanzan un novo portal para axudar ás compañías multinacionais a respectar a normativa lingüística catalá

A ferramenta Business in Catalan está destinada ao mercado internacional e pretende dar a coñecer o alcance da lingua catalá e as leis que a regulan.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O concello vasco de Leioa celebra unha nova edición do seu festival de teatro en éuscaro

O festival Kultur Maratila, de teatro en éuscaro, celébrase na localidade biscaíña de Leioa desde 2012 co obxectivo de promocionar as artes escénicas en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

O buscador Optimot, da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, estrea perfil en Twitter

O buscador Optimot, un servizo da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña que ofrece información sobre cuestións lingüísticas ademais de atención personalizada, estrea perfil en Twitter.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Denuncian o incumprimento da normativa do éuscaro na atención ao cliente das empresas privadas

Só o 22 % das empresas privadas en Euskadi cumpre a normativa que regula o réxime lingüístico de atención ao cliente.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Denuncian a ausencia do asturiano na nova marca de calidade das sidrerías

A asociación Iniciativa polo Asturiano denunciou a ausencia da lingua asturiana na nova marca de calidade das sidrerías e piden a súa incorporación.

Fonte: Asturnews

Asturias

Unha aplicación en catalán loitará por converterse na mellor aplicación do ano

A aplicación en catalán Cookboth foi unas das 16 seleccionadas en todo o mundo para loitar por converterse na mellor aplicación do ano nos premios Mobile Premier Awards.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Unha adega arabesa etiqueta as súas botellas en éuscaro para dar máis presenza a esta lingua no sector da viticultura

A adega arabesa Cándido Besa quere normalizar o uso do éuscaro no sector da viticultura e para iso utiliza esta lingua no etiquetado das súas botellas, así como en todo tipo de documentos e actividades.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

A Universidade de Sevilla desenvolverá programas para normalizar a lingua de signos

A Universidade de Sevilla participará no desenvolvemento de programas que axuden a normalizar a lingua de signos.

Fonte: 20 minutos

Andalucía

Xirona acolle por primeira vez a Catosfera, a reunión de usuarios da internet en catalán

A cidade de Xirona converteuse na nova sede da Catosfera, a reunión anual de usuarios da rede catalá.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder