España
Espérase un crecemento no número de matrículas para a educación en éuscaro en Navarra
Dada a tendencia á alta das matrículas do modelo D dos últimos anos e os bos resultados obtidos polos estudantes deste modelo, espérase un incremento dos nenos de 3 anos na educación en éuscaro en Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Os cataláns outórgalle á política lingüística da Generalitat a maior puntuación nunha enquisa sobre políticas públicas
Nunha enquisa realizada polo Centro de Estudos de Opinión, os cidadáns cataláns consideran a política lingüística da Generalitat como a mellor das levadas a cabo polo goberno catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O uso e coñecemento do éuscaro reduciuse na zona vascófona de Navarra e aumentou na mixta e na non vascófona
O Mapa Lingüístico do Goberno de Navarra descubriu que o uso e coñecemento do éuscaro descendeu na zona vascófona, aínda que o número total de falantes desta lingua na comunidade aumentou.
Fonte: EiTB
O Concello vasco de Santurtzi organiza novas actividades de promoción do éuscaro
O Concello de Santurtzi anunciou as actividades do Plan de acción para a promoción do uso do éuscaro correspondentes ao ano 2015, entre as que haberá campañas en centros educativos, comercios e internet.
Fonte: El Correo
A Universidade de Valencia organiza unha campaña de promoción do valenciano
A campaña “Igualdade lingüística é…” busca concienciar a toda a comunidade universitaria para que utilicen o valenciano.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Consello Escolar do Estado aproba unha emenda que apoia a especialidade de asturiano
O Consello Escolar do Estado aprobou unha emenda que deixa a porta aberta á especialidade docente de asturiano.
Fonte: Asturias 24
A campaña Mintzakide combina tempo libre con éuscaro na comarca navarra de Sakana
O obxectivo da campaña é que os alumnos de éuscaro poidan practicar a lingua mentres socializan e o pasan ben.
Fonte: Noticias de Navarra
O dicionario normativo do valenciano terá aplicación para móbiles
A Academia Valenciana da Lingua lanzará a aplicación para móbiles do dicionario normativo da lingua valenciana.
Fonte: Levante-emv
O Goberno vasco defende que o éuscaro sexa oficial na Unión Europea
O Departamento de Política Lingüística do Goberno Vasco reclamoulle á Unión Europea que o éuscaro e outras linguas minoritarias sexan consideradas oficiais nesta institución.
Fonte: El País
O Concello de Hondarribia aumenta o seu orzamento para o éuscaro nun 4,5 %
O Concello de Hondarribia anunciou un incremento do 4,5 % no orzamento destinado á área de éuscaro, que contará este ano con 650 031 euros.
Fonte: Noticias de Empresas
Boletín
Subscríbase ao boletín