España
Os cinco traballos máis demandados polos usuarios da Biblioteca Dixital son títulos en éuscaro
Este novo servizo en liña de préstamo de libros dixitais, posto en marcha polo Goberno vasco, dispón dun catálogo de títulos dixitais aberto aos máis de 530 000 socios da Rede de Lectura Pública de Euskadi.
Fonte: EITB
Crean unha revista literaria dixital en catalán só para mozos valencianos
Un grupo de mozos universitarios valencianos puxeron en marcha unha revista literaria gratuíta e en formato dixital, titulada Gargots, con publicacións exclusivamente de escritores novos e en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Os alumnos de ESO e Bacharelato poderán estudar lingua de signos ou braille
O Goberno publicará un Real Decreto para incluír nos currículos de ESO e Bacharelato a posibilidade de que os centros escolares ofrezan a materia de Lingua de signos ou braille ou outras materias relacionadas coa comunicación e integración das persoas con discapacidade nestas etapas educativas.
Fonte: RTVE
Dous de cada tres documentos tramitados pola Xustiza vasca incorporan xa o éuscaro
Hogano, dous de cada tres escritos xudiciais incorporan xa o éuscaro grazas ás ferramentas de tradución postas a disposición de bufetes de avogados e persoal da Administración de Xustiza. Ademais, e grazas ao proxecto Auzia euskaraz, o corpo de xuíces e fiscais, por boca dos seus máximos responsables na Comunidade Autónoma Vasca confirmaron o seu apoio a esta iniciativa.
Fonte: Noticias de Álava
As subvencións do Principado para a edición de libros en asturiano benefician a 40 proxectos
O Boletín Oficial do Principado de Asturias publicou a resolución de concesión de subvencións para a promoción do libro en asturiano, que en 2014 beneficiou 40 proxectos cun importe total de 66 165,45 euros.
Fonte: Asturnews
O festival Zinegoak contará cun moderno cartel e máis presenza do éuscaro
A próxima edición do festival trae moitas novidades, comezando polo cartel, unha ilustración do artista vasco Gorka Olmo. A presenza do éuscaro tamén se intensifica, e é que, por primeira vez, se poderán ver tres ciclos completos subtitulados nesta lingua, reforzando a aposta do festival polo éuscaro, informaron fontes da organización.
Fonte: Deia
O sistema educativo vasco está moi lonxe dos obxectivos fixados pola Unión Europea sobre dominio do inglés
O sistema educativo de Euskadi é, con diferenza, o que conta cun mellor financiamento en España. Este feito permítelle ter o menor índice de fracaso escolar, contar co nivel máis alto de graduados universitarios ou a mellor relación de alumnos por aula. Porén, Euskadi, un país preocupado na euscaldinización da xuventude, segue á cola nun tema fundamental: a aprendizaxe e o dominio de linguas estranxeiras.
Fonte: El Diario
A Generalitat de Cataluña impulsa o certificado de coñecemento de linguaxe xurídica en catalán
O Consello Executivo aprobou o decreto que impulsa o certificado de coñecemento da linguaxe xurídica en catalán (nivel J), que ten como obxectivo fomentar o coñecemento entre os colectivos profesionais do ámbito da xustiza e lograr facer efectivos así os dereitos lingüísticos dos cidadáns recollidos no Estatuto de autonomía de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Cataluña
‘Loreak’ convértese na primeira cinta en éuscaro candidata ao Goya ao mellor filme
Loreak (Flores), ademais de ser a primeira longametraxe en éuscaro en aspirar ao Goya ao mellor filme, foi tamén a primeira cinta integramente en éuscaro que competiu na sección oficial do Festival de San Sebastián.
Fonte: El País
Suspéndense os cursos de galego no Espazo de Linguas Ibéricas en Madrid
É a denuncia que fai Prolingua tras coñecer que a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicou que non é posible realizar os cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas-Casa de Galicia en Madrid "por razóns organizativas e xurídicas”.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín