España

O Concello de Barakaldo repartirá 93 axudas para o estudo do éuscaro que suman máis de 25 000 euros

O Concello de Barakaldo (Biscaia) repartirá 93 axudas para o estudo do éuscaro, que suman mais de 25 000 euros e non poderán superar o máximo estipulado na normativa de axudas, que é de 545 euros por persoa empadroada no municipio.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

Crece un 40 % o número de comercios adheridos á campaña “E ti, xogas en catalán?”

A nova edición da campaña “E ti, xogas en catalán?” comeza con cifras moi positivas: xa son máis de 377 os comercios que se adheriron, un 40 % máis có ano pasado a estas alturas. Tendo en conta que a campaña segue aberta, espérase que a cifra final supere os 400 establecementos adheridos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Goberno vasco destinará 774 000 euros para garantir a xustiza en éuscaro

O Goberno vasco destinará 774 000 euros para poñer a disposición de todos os profesionais xurídicos que traballan en Euskadi as ferramentas necesarias para que poidan exercer o seu traballo integramente en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

O Departamento navarro de Saúde implanta un sistema de videointerpretación da lingua de signos

O Departamento de Saúde do Goberno de Navarra vai implantar no Hospital Reina Sofía de Tudela un sistema de videointerpretación da lingua de signos co fin de favorecer a accesibilidade á información e á comunicación das persoas xordas e favorecer a igualdade de oportunidades deste colectivo no acceso á saúde.

Fonte: La Información

Navarra

Esíxenlle ao Goberno balear que “garanta” a recepción de canles en lingua catalá

O deputado do grupo MÉS, Nel Martí, instou o Goberno balear a que garanta a recepción das canles de televisión en lingua catalá nas illas Baleares, cuxa emisión está en perigo ante a inminente repartición de frecuencias realizada polo Goberno.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

O catalán como lingua habitual é maioritario nas Terras do Ebro e sitúa este territorio por riba da media catalá

A porcentaxe de catalán como lingua habitual é maioritaria nas Terras do Ebro e sitúa este territorio por riba da media catalá. Ademais, o coñecemento da lingua catalá aumentou nos últimos anos no ámbito territorial das Terras do Ebro. Un total de 33 453 persoas que non o tiñan como lingua inicial cando eran pequenos, saben falalo actualmente.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Junta de Andalucía subvencionou 6270 servizos de interpretación de lingua de signos en 2013

A Junta de Andalucía subvencionou en 2013 un total de 6270 servizos de interpretación de lingua de signos a unha 1114 persoas no ámbito da saúde, os servizos sociais, actos privados ou públicos, comisarías de policía, xestións administrativas e comunidades de veciños, entre outros.

Fonte: Te Interesa

Andalucía

Centos de persoas reclaman en Tafalla a oficialidade do éuscaro

En vésperas do 28º aniversario da Lei do éuscaro, centenares de persoas reivindicaron en Tafalla o dereito a estudar e vivir en éuscaro. A choiva non impediu que multitude de familias se botasen á rúa baixo o lema Muros mais altos caeron. Polo dereito a estudar en éuscaro, para esixir a fin da zonificación.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Estrean un novo servizo de préstamo de filmes, series e documentais dobrados ou subtitulados en catalán

O Centro de Documentación da Dirección Xeral de Política Lingüística ofrece un novo servizo de préstamo de DVD de filmes, series e documentais dobrados e/ou subtitulados en catalán. O fondo ten 538 audiovisuais distribuídos en cinco categorías: filmes, documentais, infantil, series e interactivos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Un total de 188 514 persoas do Camp de Tarragona que non tiña o catalán como lingua inicial sabe falalo actualmente

Un total de 188 514 persoas que non tiña o catalán como lingua oficial no Camp de Tarragona sabe falalo actualmente. A cifra resulta da diferenza entre as persoas que o saben falar (345 911) e as que teñen o catalán, só ou compartido co castelán, como lingua primeira (157 397).

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder