España
Promoven o uso do éuscaro nos bares en Vitoria a través dos sobres de azucre
Tras a acción dos manteis, o Servizo de Éuscaro do Concello de Gasteiz volve á carga esta vez da man da Deputación, Cafés La Brasileña e Artez, coa repartición de máis dun millón de sobres de azucre que levan impreso o lema Giro Onean (En bo ambiente).
Fonte: Noticias de Álava
A Universidade Pablo de Olavide fomentará a investigación da lingua de signos española
A Universidade Pablo de Olavide (UPO) de Sevilla asinou un convenio de colaboración co Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española, para fomentar a normalización e normativización da investigación da lingua de signos española nas aulas.
Fonte: La Información
O uso do catalán crece cinco puntos entre a xuventude desde 2008 tras o “forte descenso” anterior
Un 36,4 % da xuventude catalá de entre 15 e 30 anos utiliza o catalán como lingua habitual, respecto ao 31,5 % de 2008, o que supón un cambio de tendencia despois do “forte descenso” sufrido entre 2003 e 2008, destacou o conselleiro de Cultura da Generalitat, Ferran Mascarell, na presentación do Informe de Política Lingüística 2013.
Fonte: La Vanguardia
Preto de 2000 persoas conversarán en éuscaro no terceiro encontro Berbagunea
A terceira edición de Berbagunea reunirá en AlhóndigaBilbao a preto de 2000 euscaldúns e estudantes de éuscaro que conversarán nesta lingua sobre diversos temas como libros, deporte ou ocio.
Fonte: Deia
A Fundación puntCAT pon en marcha unha dobre promoción para facilitar o rexistro de dominios .cat
Á iniciativa adheríronse seis rexistradores de dominios. Esta dobre promoción da Fundación puntCAT pon novamente de manifesto que o prezo deixou de ser un impedimento no rexistro dun dominio .cat, que igualou custos con outros dominios de maior antigüidade, como poden ser o .es e o .com.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Concello navarro de Egüés asina un convenio para promover o éuscaro
O Concello do val de Egüés asinou o convenio con Mintzakide, formado en 2004 para promover a aprendizaxe do éuscaro con grupos de conversa entre estudantes do idioma e persoas que o teñen como lingua materna.
Fonte: Diario de Navarra
O Concello de Galdames esgota as prazas do seu programa lúdico en favor do éuscaro
Ano tras ano nenos e mozos de Galdames e municipios limítrofes divírtense mentres falan en éuscaro fóra de clase, e este outono non é unha excepción. As preto de trinta prazas do programa Udazkena Euskaraz que oferta a Área de Cultura do Concello para participantes empadroados e outros aspirantes que residen fóra aos que se lles ofrecen os sitios vacantes esgotáronse con vistas ao comezo das actividades.
Fonte: Deia
A matriculación en euskaltegis crece un 1,2 % tras varios anos de baixadas
Un total de 25 351 persoas matriculouse este curso nos diferentes euskaltegis vascos para aprender éuscaro ou melloralo, o que supón un 1,20 % máis que o curso anterior, incremento que, tras o estancamento do curso pasado, inverte o descenso continuado dos tres anos anteriores.
Fonte: Diario Vasco
O ministro de Educación e Cultura móstrase favorable a estudar unha lei específica sobre a pluralidade lingüística
O ministro recoñeceu que é necesario "fomentar o coñecemento cruzado" das distintas linguas para mellorar "as estratexias de cooperación cultural" entre as comunidades.
Fonte: Galicia Hoxe
Sindicatos docentes e Escola Valenciana piden a retirada da orde sobre programas lingüísticos
Sindicatos docentes e a entidade cívica Escola Valenciana pediron a retirada da orde pola que se desenvolve o procedemento de autorización do proxecto lingüístico de centro, que se ampara no Decreto 127/2012 que regula o plurilingüismo na Comunidade Valenciana e foi tratado na Mesa Sectorial de Educación.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín