España

Denuncian a supresión de cursos de galego e portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada

A Asociación de Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo manifestaron o seu malestar polo peche dos primeiros cursos de galego e portugués antes de finalizar o prazo de matrícula.

Fonte: Bierzo Diario

Castela e León

O Congreso rexeita pedir a retirada do decreto que regula a escolarización en lingua castelá en Cataluña

O Congreso rexeitou unha iniciativa da Esquerda Plural, apoiada por CiU e PSOE, encamiñada a pedirlle ao Goberno que retire o real decreto que regula a escolarización en lingua castelá en Cataluña de acordo coa Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lomce).

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Concello navarro de Huarte subvencionará cun máximo de 400 euros os comercios que rotulen en éuscaro

O Concello de Huarte aprobou as bases de subvencións para o uso do éuscaro na rotulación de establecementos comerciais de Huarte por un importe máximo de 400 euros.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O conflito lingüístico marca a marcha cidadá do 9 de outubro en Valencia

Na manifestación, algúns repartían adhesivos e cuartillas con manifestos a favor do ensino en valenciano e contra a denominación desta lingua como catalán.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O árabe ceutí é a lingua habitual do 62,9 % dos ceutís árabe-musulmáns

O 62,9 % dos ceutís cuxa orixe sociocultural é árabe-musulmán utiliza o árabe ceutí ou dariya como lingua habitual. Outro 34,6 % usa o castelán, porén, de forma máis habitual, segundos as conclusións do estudo ‘Os usos lingüísticos da poboación de Ceuta: o español, o árabe e o bérber’, un traballo coordinado pola directora do Departamento de Estudos Semíticos da Universidade de Granada, Maribel Lázaro.

Fonte: El Faro Digital

Ceuta

Premian o Instituto Drago de Cádiz por difundir a lingua e a cultura francesas

O Instituto de Educación Secundaria Drago da cidade de Cádiz foi galardoado co premio Label FrancEducation 2014, que outorga o Ministerio de Asuntos Exteriores e Desenvolvemento Internacional de Francia aos centros educativos estranxeiros que contribúen á difusión da lingua e a cultura francesas.

Fonte: Diario de Cádiz

Andalucía

Mestres e mestras de aragonés denuncian a oferta formativa para docentes de lingua aragonesa

Nunha nota de prensa, a Asociación de Mestres e Mestras de aragonés lembra que desde a entrada do actual executivo no Goberno de Aragón, as actividades de formación en centros de profesores ás que podían acceder os docentes de lingua aragonesa sufriron un empeoramento nas súas condicións así como na calidade dos seus contidos.

Fonte: AraInfo

Aragón

Inician unha nova edición do programa Mintzalaguna en Tolosa para pór en práctica o éuscaro aprendido

Cando se trata de aprender un idioma a práctica é fundamental e por iso nace o novo Mintzalaguna: unha iniciativa co valor engadido de pór en práctica o aprendido de forma natural e gratuíta unha vez por semana durante unha hora, cun grupo de interlocutores e a axuda dun falante euscaldún zaharra.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Solicitan a posta en marcha dun servizo asturiano de dobraxe, coordinado entre RTPA e Política Lingüística

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana acaba de anunciar que enviará á RTPA e á Oficina de Política Lingüística do Principado un decálogo que axude a unificar criterios a todas as partes implicadas no proceso de dobraxe, ademais de aos grupos políticos. Despois da emisión de dúas longametraxes e dunha serie infantil dobrada ao asturiano na Televisión do Principado de Asturias, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana quere iniciar o proceso a través da publicación do documento Decálogo sobre a dobraxe asturiana.

Fonte: Asturnews

Asturias

Presentan a Axenda estratéxica do éuscaro no Parlamento vasco

A comezos do seu mandato, o Goberno vasco anunciou que elaboraría un total de 14 plans estratéxicos para a presente lexislatura. A Axenda estratéxica do éuscaro é un deles, e recolle as principais accións e actuacións que leva e levará a cabo o Goberno vasco en materia de revitalización do éuscaro. Levar esta Axenda á práctica é responsabilidade de todos os departamentos do Goberno vasco.

Fonte: Euskadi.net

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder