España

Os gobernos central e vasco acordan salvagardar o éuscaro na Lomce

Os gobernos central e vasco pecharon un acordo “parcial” sobre a aplicación da Lei orgánica para a mellora educativa (Lomce) que “salvagarda” a capacidade do País Vasco para determinar a aprendizaxe do éuscaro nas aulas e garante o papel “relevante” dos consellos escolares en Euskadi.

Fonte: El Correo Gallego

Xeral

A porcentaxe de falantes de valenciano será inferior ao 10 % en 2050

A porcentaxe de falantes de valenciano será inferior ao 10 por cento en 2050 se se mantén a actual política lingüística, segundo asegura un estudo realizado por Clara Miralles Vila, unha estudante de Física da Universidade de Valencia que realizou un traballo fin de grao dirixido polo profesor Manel Perucho baseado en métodos matemáticos, segundo informou a institución académica.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A aplicación móbil Guías de Conversación Universitaria incorpora o ruso e o chinés

A aplicación para móbiles das Guías de Conversación Universitaria incorporou dos idiomas máis, o ruso e o chinés. Esta ferramenta foi creada pola Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat en colaboración coa Universidade de Barcelona para facilitar a estancia en Cataluña dos estudantes universitarios que veñen do estranxeiro e a dos cataláns que van formarse no estranxeiro.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Aumenta a oferta de prensa en catalán coa estrea da edición dixital nesta lingua do xornal El País

O diario El País estrea edición dixital en catalán (elpais.cat), o que supón unha aposta por esta lingua deste medio que xa contaba con información en catalán na súa edición en papel.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

O Goberno vasco implantará o modelo B e impulsará o D na Formación Profesional

O viceconselleiro vasco de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, anunciou que o Goberno vasco vai implantar o modelo B e impulsar o modelo D, a oferta educativa en éuscaro, na Formación Profesional (FP).

Fonte: Europa Press

País Vasco

O ensino do éuscaro avanza na Rioxa progresivamente

Logroño, Nájera, Haro e Alfaro contan ou contarán con cursos de formación en lingua vasca.

Fonte: Noticias de Álava

A Rioxa

A oposición en Navarra ultima unha modificación da Lei do éuscaro

O voceiro de Izquierda-Ezkerra, José Miguel Nuin, explicou que varios grupos da oposición finalizarán o traballo de elaboración dunha modificación da Lei foral do éuscaro para implantar o modelo D nos lugares de Navarra nos que haxa demanda.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Denuncian que a Consellería de Educación "marxina" o valenciano en Primaria

Escola Valenciana denuncia que a Consellería de Educación "marxina" o valenciano no sistema educativo en Primaria, ao permitir que se poidan impartir máis horas en castelán "mesmo na liña en valenciano".

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua insta a Educación a impedir que os pais poidan votar o idioma de ensino

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) instou a Consellería de Educación a suprimir do decreto que introduce o plurilingüismo no ensino a consulta aos pais dos alumnos sobre a preferencia do programa lingüístico de cada centro docente.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Un total de 52 centros de Baleares refai os seus proxectos lingüísticos fóra do Decreto sobre o Tratamento Integrado de Linguas

Cando aínda non pasaron quince días desde a anulación do Decreto sobre o Tratamento Integrado de Linguas e da suspensión da súa Orde de desenvolvemento por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, xa son 52 os centros das illas Baleares que refixeron os seus proxectos lingüísticos co fin de adecualos ao Decreto de Mínimos.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder