España
RTVE en Cataluña acolle unhas probas para o desenvolvemento de novos servizos de lingua de signos en televisión
RTVE en Cataluña acolle unhas probas para o desenvolvemento de novos servizos de lingua de signos en televisión, nun proxecto enmarcado no consorcio europeo HBB4ALL, que fomenta os contidos audiovisuais accesibles para todos.
Fonte: El día
Concédenlles axudas a 10 entidades de Pamplona en 2014 para actividades en éuscaro
O Concello de Pamplona concedeu axudas en 2014 a dez entidades da cidade para a realización e programación de actividades culturais e artísticas en éuscaro dirixidas tanto ao público adulto como ao infantil.
Fonte: Diario de Navarra
‘O catalán en cifras’ actualiza os seus contidos
A Dirección Xeral de Política Lingüística estrea novos contidos no seu espazo ‘O catalán en cifras’, que xa se poden atopar no portal Lingua catalá e tamén no seu álbum de Facebook. Os gráficos conteñen datos e referencias cuantitativas, que amosan a relevancia e crecemento do catalán en diferentes ámbitos, como poden ser os medios audiovisuais ou internet.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Organizan clases de éuscaro para hostaleiros e comerciantes de Oiartzun
Ttur-ttur Euskaltzaleon Bilgunea organizou un curso de éuscaro para comerciantes e hostaleiros de Oiartzun, co fin de que poidan aprender a levar conversas correntes coa clientela. O curso será de 60 horas e englóbase dentro do proxecto que teñen Ttur-ttur Euskaltzaleon Bilgunea e o Concello de Oiartzun para impulsar o uso do éuscaro nos comercios e a hostalaría de Oiartzun.
Fonte: Diario Vasco
Impulsan o proxecto Xadrez para todos, unha iniciativa para aprender xadrez en catalán
Xadrez para todos é o nome dun proxecto baseado nunha serie de materiais didácticos para aprender a xogar e coñecer o mundo do xadrez en lingua catalá. Por medio destes materiais, dirixidos ao profesorado e aos alumnos das escolas, centros cívicos e clubs de xadrez, refórzase o uso da lingua dunha forma progresiva e amena.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Iniciativa polo Asturiano pídelles aos concellos que se tramiten os convenios dos servizos de normalización lingüística
A asociación Iniciativa polo Asturiano pediulles á Consellería de Cultura e aos concellos implicados que se responsabilicen da situación dos servizos de normalización lingüística e tramiten os convenios necesarios para o seu funcionamento.
Fonte: 20 minutos
A Escola Oficial de Idioma de Ponferrada loita por conservar portugués e galego tras a caída de matriculacións
A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada conta actualmente con 1600 alumnos, pero mantén no aire o futuro de dous idiomas, o galego e o portugués, que este ano quedaron sen primeiros cursos ao non haber demanda suficiente. Ademais de dar un impulso a ambas as linguas, o segundo obxectivo inmediato é conseguir incluír na súa oferta actual o italiano.
Fonte: Diario de León
A poboación bilingüe, que fala e entende éuscaro, aumenta en todas as zonas de Navarra
O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, José Iribas, puxo de manifesto que “o incremento da poboación bilingüe (castelán-éuscaro) é unha realidade, sobre todo nas idades novas”, pero que “se constata que hai un escaso reflexo no uso do éuscaro en casa”.
Fonte: Noticias de Navarra
O 016 xa é accesible para mulleres maltratadas con discapacidade auditiva grazas á videointerpretación en lingua de signos
O teléfono 016 xa é accesible para mulleres maltratadas con discapacidade auditiva, a través dunha plataforma de videointerpretación en lingua de signos. Durante a presentación deste novo servizo, a secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero, destacou que son maiores as trabas coas que as que se enfrontan as maltratadas con discapacidade para romper o círculo da violencia de xénero.
Fonte: RTVE
O éuscaro foi utilizado na II Guerra Mundial para encriptar mensaxes
Durante a Segunda Guerra Mundial, o éuscaro foi un dos idiomas escollidos como código de comunicación de guerra por parte do Exército americano para enganar o seu inimigo xaponés.
Fonte: EiTB
Boletín
Subscríbase ao boletín