España

A Concellería de Promoción Lingüística de Sueca pon en marcha varias campañas para o uso do valenciano

A Concellería de Promoción Lingüística do Concello de Sueca puxo en marcha, un ano máis, varias iniciativas co obxectivo fundamental de promover o uso do valenciano. Unha delas é a publicación dunha axenda que contén as actividades e servizos que se levan a cabo desde este departamento, destinados á cidadanía do municipio, nun formato práctico e manexable.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

A inscrición no Censo de entidades de fomento da lingua catalá poderase tramitar electronicamente

As solicitudes de inscrición de entidades ou de renovación da inscrición no Censo de entidades de fomento da lingua catalá poderanse tramitar electronicamente. A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura modificou a orde para permitir esta nova modalidade de tramitación. A tramitación electrónica facilitará a comunicación coas entidades interesadas e simplificará a achega de documentos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Concello de Iurreta aproba o segundo plan para impulsar o éuscaro

Con este novo plan, o Concello biscaíño de Iurreta dá luz verde ao cumprimento de varios obxectivos que se deberán desenvolver e materializar ata o 2017. Entre outras cuestións planéase facer un estudo sobre o uso do éuscaro no propio Concello, así como cuestións relacionadas coa normalización da lingua entre os veciños.

Fonte: Deia

País Vasco

Os expertos ven viable e legal abrir unha nova televisión pública en valenciano

Diferentes asociacións de produtores valencianas coincidiron en que sería viable abrir unha nova radiotelevisión pública en valenciano aínda que discreparon no modelo de traballadores, mentres que un experto en Dereito Administrativo validou a súa legalidade.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Ata un 30 % dos municipios da Comunidade Valenciana ten a súa denominación exclusivamente en valenciano

Un total de 158 municipios dos 542 que forman parta da Comunidade Valenciana, é dicir un 30 %, contan xa con denominación oficial exclusivamente en valenciano, segundo os datos recollidos pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia e Agricultura, Pesca, Alimentación e Auga.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

Iniciativa polo Asturiano critica o rei por non felicitar o Nadal en asturiano e si noutras linguas

Iniciativa polo Asturiano fíxolle chegar á Casa do Rei a súa “queixa” porque “o xefe de Estado, Felipe VI, non usara o asturiano xunto ao resto das linguas do Estado” ao desexar Bo Nadal no seu discurso de Noiteboa.

Fonte: 20 Minutos

Asturias

Tres asociacións denuncian en Europa os incumprimentos sobre a lingua leonesa

As asociación en defensa da lingua leonesa El Teixu, Furmientu e Faceira denuncian nun informe para o Consello de Europa que tanto o Estado como a Junta de Castela e León incumpren a Carta Europea das Lingua Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Ileón

Castela e León

A transmisión lingüística do aranés e do catalán está garantida adoptando formas multilingües

A transmisión lingüística interxeracional do aranés está garantida aínda que adopta formas multilingües. Este feito explícase pola situación de multilingüismo que se vive neste territorio, onde poden distinguirse catro grupos lingüísticos: o 45,4 % identifícase co castelán; o 21,7 % co aranés, o 16,7 % co catalán e o 15,7 % con outras linguas.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Soben un 25 % as subvencións para estudantes de euskaltegis

A viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco destinará 45,6 millóns de euros para subvencionar sete convocatorias en distintos ámbitos e unha serie de axudas especiais para proxectos específicos. As partidas mantéñense na mesma liña có ano pasado, coa excepción dun aumento do 25 % nas subvencións individuais para o alumnado de euskaltegis.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Generalitat de Cataluña e o Goberno vasco colaborarán en materia de documentación especializada en lingua

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco asinaron un convenio de colaboración entre os seus centros de documentación especializados en aspectos sociais da lingua, considerados os máis importantes de toda Europa: o Centro de Documentación, da Dirección Xeral de Política Lingüística, por parte catalá, e HABE Liburutegia, por parte vasca.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder