España

O Goberno de Navarra creará os seus propios certificados de acreditación do éuscaro

O Goberno de Navarra vai crear a súa propia acreditación do éuscaro baseada no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Fonte: El Diario

Navarra

O Concello de Balmaseda celebrará a segunda edición de Enkaterri, unha iniciativa para falar en éuscaro

O Concello vasco de Balmaseda vai organizar a segunda edición de Enkaterri, unha iniciativa que reúne a diversas persoas para practicar conversa en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Crean un xogo en liña para determinar o nivel de vocabulario en éuscaro

‘Hitzegi proba’ é un xogo desenvolvido polo Centro de Neurociencias BCBL e o Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco para que os usuarios poidan determinar, en cinco minutos, o seu nivel de coñecemento de vocabulario en éuscaro.

Fonte: EITB

País Vasco

Unha enquisa indica que 182 233 falantes de catalán no Penedés non o teñen como lingua inicial

A enquisa de usos lingüísticos da poboación da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña indica que 182 233 falantes de catalán na área do Penedés non teñen este idioma como lingua inicial.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Celebran unha manifestación en Donostia a favor do éuscaro

Unha manifestación en favor do éuscaro percorreu San Sebastián para denunciar as acción dos gobernos vasco e navarro en materia de política lingüística e para reivindicar o seu dereito a vivir nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Desenvolven unha aplicación móbil sobre o cine en catalán

A aplicación Cinema CAT xa está dispoñible para descarga. Con ela, os usuarios poden acceder a información sobre as películas en catalán que se exhiben nos cines.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Instituto Ramón LLull promoverá o catalán en China

China será o principal país de promoción da lingua e a cultura catalás no exterior en 2015, como parte do programa de actividades do instituto Ramón Llull.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Celébrase o aniversario do primeiro libro escrito en asturiano

A asociación Iniciativa polo Asturiano celebrou un acto para lembrar o aniversario do primeiro libro escrito en asturiano e lamentou o esquecemento desta data sinalada por parte das autoridades rexionais.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Un novo acordo entre o Parlamento e a Academia Canaria da Lingua impulsará o español de Canarias

O Parlamento canario asinou un acordo coa Academia Canaria da Lingua para impulsar esta variedade dialectal e recibir asesoramento sobre o seu uso.

Fonte: 20 minutos

Illas Canarias

A Lei municipal de Euskadi permitiralles aos concellos emitir documentos só en éuscaro

A Lei Municipal de Euskadi permitiralles aos concellos emitir documentos redactados unicamente en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder