España

A rexión catalá de Alto Campo convoca unha nova edición do seu Premio á Normalización Lingüística

O Premio á Normalización Lingüística pretende favorecer o uso do catalán no ámbito socioeconómico na zona.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Un total de 400 000 euros é a cantidade dedicada polo Goberno vasco para promover o éuscaro en Francia

O Goberno vasco destinará un total de 400 000 euros a asociación francesas que promoven o éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Generalitat de Cataluña denuncia nun informe todas as ofensas do Goberno español á lingua catalá

A Generalitat de Cataluña publicou en liña un informe que recolle todas as ofensas do Goberno español cara á lingua catalá que violan a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O concello navarro de Falces celebrará unha festa a favor do éuscaro

O concello navarro de Falces, pertencente á zona non vascófona, vai celebrar unha festa a favor do éuscaro para reivindicar o dereito dos seus cidadáns a vivir nesta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

As Cortes Valencianas aproban unha lei que recoñece a singularidade do valenciano

Trátase da Lei de recoñecemento, protección e promoción dos sinais de identidade do pobo valenciano, que, entre outros aspectos, establece a defensa da individualidade do valenciano respecto a outras linguas do Estado.

Fonte: Ara

Comunidade Valenciana

Castela e León promove a lingua francesa con intercambios educativos co país galo

Nun acordo asinado entre a Consellería de Educación da Junta de Castela e León e o reitorado de universidades de Grenoble, ambas as entidades accederon á promoción recíproca das súas linguas e culturas a través de intercambios educativos.

Fonte: Salamanca al día RTV

Castela e León

O Concello vasco de Errentería convoca as súas axudas para a promoción do éuscaro

O Concello vasco de Errentería publicou a súa convocatoria de subvencións para a promoción do éuscaro, que incluirán axudas para a aprendizaxe da lingua e para a universidade vasca de verán, a rotulación ou a creación de medios dixitais nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha concentración en Palma de Mallorca reivindica a recepción das canles televisivas en lingua catalá

Centos de persoas congregáronse en Palma de Mallorca para reivindicar a recepción das canles televisivas 3/24 e C33, que emiten en lingua catalá, e que actualmente están en perigo de desaparecer do sinal de TDT nas illas Baleares.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Varias grandes empresas evitan utilizar o catalán nos seus produtos e servizos

As empresas Nestlé, Banco Santander, Danone e Coca Cola (entre outras) néganse a utilizar o catalán nos seus produtos e servizos, para o cal se basean en 340 disposicións legais.

Fonte: El Confidencial Digital

Cataluña

Xixón acollerá unha actividade infantil en asturiano para reivindicar o traxe e o baile tradicionais

O acto, dirixido aos nenos, busca achegalos á cultura tradicional asturiana, en concreto o traxe e o baile, e para iso contará co asturiano como vía de comunicación.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder