España

O concurso de piropos en éuscaro de Ermua escolle os seus gañadores tras unha participación récord

O concurso anual de piropos en éuscaro celebrado en Ermua escolleu os seus gañadores, coa satisfacción de bater o récord de participación cun total de 185 piropos presentados.

Fonte: ABC

País Vasco

Un acto en Pamplona reivindica o dereito a vivir en éuscaro en Navarra

Nun acto organizado en Pamplona por Kontseilua, o Consello de Organismos Sociais do Éuscaro, reivindicouse o dereito da poboación navarra a vivir en éuscaro, para o que se necesita, entre outras cousas, unha modificación das leis actuais.

Fonte: EITB

Navarra

Unha campaña no concello vasco de Pasaia busca promover a lectura en éuscaro

O Concello de Pasaia puxo en marcha unha nova campaña de promoción da lectura en éuscaro, coa que os lectores que acudan á biblioteca municipal e retiren un libro nesta lingua, recibirán un desconto na compra dun libro en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha curtametraxe en asturiano recibe un premio no festival de cine rural de Saldaña

A curtametraxe“"A fiya del sastre", que está rodado en asturiano, recibiu un premio no festival de curtas Cine Rural de Saldaña, en Palencia.

Fonte: Asturnews

Asturias

Xa está aberto o prazo de participación no Concurscat, o concurso de lingua e cultura catalás

O Conscurcat é un concurso de lingua e cultura catalás organizado polo Centro de Normalización Lingüística de Osona e que ten lugar en liña. Está aberto a todo o mundo e consistirá en responder a varias preguntas ao longo das semanas nas que terá lugar.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Un informe destaca o baixo índice de lectura e de edición en valenciano

O Goberno valenciano aprobou un informe sobre a situación dos niveis de lectura e edición na lingua propia. Nel, pódese apreciar a situación crítica pola que pasa a literatura en valenciano, tanto en número de lectores como de títulos publicados.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

O modelo educativo D, de ensino en éuscaro, é o máis demandado polos alumnos da zona mixta de Navarra

A maioría dos alumnos de colexios públicos da zona mixta de Navarra estuda no modelo D ou de inmersión en éuscaro, moi por diante da opción en castelán. En concreto, o 43 % dos alumnos de Primaria e o 40 % dos alumnos de ESO escollen a primeira opción.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A cifra de libros en catalán vendidos no Día de San Jordi supera a dos escritos en castelán

As vendas de libros escritos en catalán superaron as da literatura en castelán na celebración do Día de San Jordi en Cataluña. En concreto, o 53,59 % dos libros vendidos eran en catalán, fronte ao 46,41 % en castelán.

Fonte: e-notícies

Cataluña

Unha vila valenciana decide dispoñer dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos

A vila valenciana de Burjassot decidiu contar coa presenza dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos municipais para poder traducir as sesións á lingua de signos e desta forma incluír as persoas con discapacidade auditiva.

Fonte: Horta Noticias

Comunidade Valenciana

Unha nova plataforma reclama o dereito a recibir atención sanitaria en éuscaro

A plataforma Berdin Elkartea, que aglutina tanto a traballadores sanitarios como a pacientes, reclama o dereito dos vascos a recibir atención sanitaria en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder