España

Denuncian a falta de impulso ao asturiano da Radiotelevisión do Principado de Asturias

Iniciativa polo Asturiano denuncia a falta de medidas que impulsen o emprego do asturiano na Radiotelevisión do Principado de Asturias.

Fonte: Asturnews

Asturias

Ponse en marcha unha iniciativa que convida a sociedade biscaíña a fomentar o uso do éuscaro

Un acto presidido polo deputado xeral de Biscaia no Pazo Euskalduna convida a sociedade biscaíña a implicarse na iniciativa euskararen txantxangorria e impulsar así o éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

A rede de asesores lingüísticos de Menorca reúnese tras tres anos de paro para retomar o seu labor en política lingüística

A primeira sesión desta lexislatura serviu para recuperar o grupo de traballo e coordinación das políticas lingüísticas nas administracións da illa.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Preséntanse novos dicionarios no País Vasco para reforzar e aumentar o emprego do éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco presentou dous dicionarios xerais e seis terminolóxicos que axudarán a incrementar e reforzar o uso do éuscaro.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

A Federación Navarra de Ikastolas defende a educación en éuscaro na zona non vascófona

A federación Navarra móstrase a favor da educación en éuscaro e asegura un modelo exclusivo de inmersión lingüística nos seus centros.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Generalitat Valenciana subvencionará o fomento do valenciano na zona murciana de El Carche

O director xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo anunciou que haberá axudas para o fomento do valenciano nas zonas limítrofes de Murcia onde se fala esta lingua.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

A Real Academia da Lingua Vasca busca, cunha nova estratexia, incentivar o uso do éuscaro coa axuda da sociedade

A Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) busca revitalizar o éuscaro cunha nova estratexia para que o seu uso como lingua de comunicación non siga relegado ao dun idioma de segunda.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

País Vasco

A Federación Llull impulsará actividades conxuntas de fomento do catalán

A Federación Llull promoverá actividades a prol da lingua e a cultura catalás realizadas polas tres entidades culturais dos territorios de fala catalá: Òmnium Cultural, Obra Cultural Balear e Acció Cultural del País Valencià.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A convivencia de modelos lingüísticos xera discrepancias entre os partidos políticos navarros

Aínda que a maioría dos partidos navarros apoian a convivencia de distintos modelos lingüísticos nun mesmo centro, algún afirma que a separación favorecería a "inmersión lingüística".

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A comarca vasca de Buruntzaldea conta cun plan de éuscaro conxunto para impulsar o idioma

Buruntzaldea dispón dun orzamento de 163 946,00 euros en 2016 para pór en marcha programas que impulsen a transmisión, o uso e a calidade do éuscaro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder