España
Portugalete convoca axudas para a instalación en comercios e locais de hostalería de rótulos en éuscaro
O Concello biscaíño de Portugalete subvenciona a instalación de rótulos dos establecementos comerciais e hostaleiros en éuscaro para impulsar a utilización desta lingua.
Fonte: 20 minutos
O Goberno vasco presenta a universidades e profesionais as bases comúns do éuscaro
O viceconselleiro de Política Lingüística presentou en Bilbao as bases dun discurso compartido sobre o éuscaro xunto co proxecto EGOD (Discursos Básicos sobre o Éuscaro/Euskararen Gaineko Oinarrizko Diskurtsoak).
Fonte: ABC
O Concello de Xixón aproba o seu Plan de normalización lingüística
O Plan de normalización lingüística do Concello de Xixón, aprobado coa abstención do PP, está formado por 68 puntos repartidos en cinco áreas.
Fonte: Asturies.com
Un mapa de linguas e un expendedor de dicionarios son dúas das iniciativas de Donostia 2016 para reivindicar o plurilingüismo
Un mapa coas linguas de Europa e unha máquina expendedora de dicionarios son dúas das iniciativas coas que se quere reivindicar a diversidade lingüística europea no marco do proxecto Euskarriak.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de Getxo destina máis de 300 000 euros a axudas para fomentar o éuscaro
Getxo destinará en 2016 un total de 324 881 euros a axudas para promover o éuscaro en diferentes ámbitos: aprendizaxe do idioma, tempo libre e deporte, medios de comunicación, cultura e mundo laboral.
Fonte: El Correo
O Goberno valenciano asinará un convenio para impulsar o uso do valenciano no mundo da pelota
Este convenio ten como obxectivo fomentar o uso do valenciano tanto nas competicións como na comunicación e a difusión dos acontecementos deportivos e as actividades que leva a cabo a Federación de Pelota Valenciana.
Fonte: El Periodic
Un informe do Goberno vasco mostra un descenso no coñecemento do éuscaro entre o alumnado
Segundo a Avaliación Diagnóstica presentada polo Goberno vasco, o alumnado dos centros educativos públicos e concertados empeora no que se refire ás súas competencias en éuscaro, malia que cualifican este empeoramento como pouco significativo.
Fonte: El Diario Vasco
Donostia publica un dicionario básico en éuscaro para turistas
Este dicionario básico destinado aos turistas distribuirase de balde hoteis, bares e oficinas de turismo. Contén arredor de 1000 entradas con termos en éuscaro, castelán, galego, catalán, francés, inglés, italiano e alemán.
Fonte: El Diario Vasco
Varios colectivos de Cataluña solicítalle a Amazon que ofreza os seus servizos en catalán
Son varios os colectivos que lle reclaman a Amazon que o seu portal estea dispoñible en catalán e que incorpore esta lingua aos lectores de libro electrónico de Kindle.
Fonte: ADSL Zone
Publícanse as bases das axudas para entidades que fomenten o xornalismo e reforcen o espazo catalán de comunicación
Subvencionaranse proxectos en catalán ou en aranés de entidades sen ánimo de lucro e organizacións profesionais do sector da comunicación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín