España
A provedora de contidos audiovisuais Netflix incorpora xa catro títulos en catalán
A Plataforma pola Lingua celebra que o catálogo de Netflix incorporase catro títulos en catalán aínda que o considere insuficiente e solicita que a presenza desta lingua vaia en aumento.
Fonte: La Vanguardia
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española fai balance da súa actividade
O centro destaca as visitas que recibiu a súa web durante o último ano, así como as consultas realizadas por distintas entidades e organizacións.
Fonte: Servimedia
Organizan un curso de lingua asturiana para profesionais do sector audiovisual
A Consellería de Educación e Cultura organiza, xunto á Radiotelevisión do Principado de Asturias e a Academia da Lingua Asturiana, un curso de asturiano para profesionais das diferentes ramas do sector audiovisual.
Fonte: El Búscolu
O Concello de Oviedo aproba unha serie de medidas para normalizar o uso do asturiano
A Xunta de Goberno do Concello de Oviedo deulle o seu visto e prace a un total de sete medidas destinadas ao fomento da lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
Só o 0,7 % dos postos da Administración Foral de Navarra son bilingües
Descontando as prazas de Educación, as prazas con perfil de éuscaro na Administración de Navarra non alcanzan nin o 1 % do persoal.
Fonte: Noticias de Navarra
A Universidade de Valencia esíxelle ao profesorado como requisito acreditar un nivel C1 de coñecemento do valenciano
Vicent Marzà, o conselleiro de Educación, apoia que se lles solicite o coñecemento das linguas oficiais aos profesores das universidades da Comunidade Valenciana.
Fonte: El Mundo
Preséntanse os novos proxectos de léxico e gramática da lingua de signos catalá
O Departamento de Cultura presenta os proxectos de novo material divulgativo de vocabulario básico e o corpus da lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Apróbanse as bases para a concesión de subvencións a emisoras privadas de televisión en catalán ou en aranés
Publícase a orde pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento para a concesión de subvencións estruturais a emisoras de televisión de titularidade privada en catalán ou en aranés.
Fonte: Iustel
O Servizo Vasco de Saúde inicia accións para a posta en marcha do II Plan de Normalización do Éuscaro
As organizacións do Servizo Vasco de Saúde poñen en marcha 17 accións co obxectivo de garantir a presenza e o uso do éuscaro como lingua de servizo.
Fonte: Acta Sanitaria
A Generalitat de Cataluña convoca subvencións para fomentar o uso do catalán
Publícanse as bases para a concesión de axudas para o fomento do catalán destinadas a empresas que incorporen esta lingua en produtos tecnolóxicos e na tradución de obras non literarias, para a dobraxe e a subtitulación de cinema e para entidades que promovan o seu uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín