España

O catalán volverá ser requisito para poder ser funcionario no arquipélago balear

Unha modificación na Lei de función pública permitirá que o catalán volva ser un requisito para acceder a un posto de funcionario nas illas Baleares.

Fonte: ABC

Illas Baleares

A euscaldunización das persoas adultas convértese no reto dos euskaltegis

Os euskaltegis están a reforzar as certificacións dos niveis de éuscaro máis básicos, é dicir, o A1 e o A2, co obxectivo de chegar a ese 50 % de maiores de 40 anos que non ten coñecementos desta lingua.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca asinan o acordo anual de colaboración entre ambas as institucións

O acordo entre o Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca de Iparralde detalla as liñas de actuación en materia de política lingüística que se desenvolverán en 2016.

Fonte: Euskara

País Vasco

O servizo de tradución automática en liña Llengua Catalana traduce en 2015 máis de 12 millóns de palabras do occitano

Segundo a Generalitat de Cataluña, no ano 2015 foron atendidas máis de 220 000 solicitudes de tradución.

Fonte: Informativos Telecinco

Cataluña

O Concello oscense de Arguis solicita ser declarado zona de utilización histórica predominante do aragonés

O Pleno Municipal de Arguis aprobou demandarlle ao Goberno de Aragón a declaración como zona de utilización histórica predominante da lingua aragonesa.

Fonte: Heraldo

Aragón

Os concellos recibirán axudas da Deputación de Valencia para fomentar o uso do valenciano

A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia prevé ofrecer doce programas para fomentar o uso do valenciano nos concellos da provincia.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Ponse en marcha en Zamora unha campaña de dinamización do asturleonés

A comarca de Sanabria acolleu unha campaña de rotulación de locais públicos, organizada pola asociación El Teixu, que tiña como obxectivo facer visible o asturleonés nos espazos de socialización cotiá.

Fonte: iLeón

Castela e León

O servizo de consultas lingüísticas Optimot organiza un concurso en Twitter co gallo da celebración do San Jordi

Este concurso ten como obxectivo que as persoas usuarias unan creatividade e lingua catalán nun tuit para contar unha historia relacionada co día de San Jordi.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña subvenciona proxectos de entidades que fomenten o uso do catalán

O Departamento de Cultura acaba de abrir o prazo para que as entidades soliciten axudas para proxectos que impulsen a utilización do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración

Renóvase o convenio de colaboración entre a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, e o Concello de Bilbao para fomentar o uso do éuscaro e velar pola súa calidade.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder