España
Reclaman en Baleares medidas de discriminación positiva para impulsar a presenza e o uso do catalán en todos os ámbitos
O sindicato STEI solicitoulle ao Goberno balear medidas de discriminación positiva para fomentar a presenza e o uso do catalán nos centros educativos, na rúa, na Administración e nos medios de comunicación.
Fonte: Periódico de Ibiza
Villaviciosa porá en marcha as medidas de fomento do asturiano que recolle a ordenanza municipal
A ordenanza municipal de uso e promoción do asturiano de Villaviciosa foi publicada na web do Concello para dala a coñecer e anunciar a súa aplicación e desenvolvemento.
Fonte: En la Villa
Unha comisión de expertos levará a cabo un estudo sobre o modelo lingüístico escolar nas illas Baleares
A Consellería de Educación e Universidade presentou a composición dunha comisión de expertos que vai realizar un estudo sobre o modelo lingüístico escolar do arquipélago.
Fonte: 20minutos
Tradúcense ao catalán cinco normas ISO de xestión ambiental e xestión da calidade
A Deputación de Barcelona e a Generalitat asinaron un acordo para impulsar a tradución de normas internacionais para o sector empresarial. É o Termcat o organismo que se encarga da versión en catalán destas normas destinadas á implantación de sistemas de xestión ambiental e de xestión da calidade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca únense para potenciar o éuscaro
Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, nomeou seis novos académicos navarros en sesión plenaria no Concello de Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
Preséntase o InformeCAT que ofrece 50 datos estatísticos sobre a situación da lingua catalá
Segundo a quinta edición deste informe, elaborado pola Plataforma per la Llengua, o uso do catalán incrementouse no ámbito cultural, internet e as novas tecnoloxías, pero descendeu en educación.
Fonte: ABC
O Goberno balear introducirá cláusulas lingüísticas nos contratos das empresas que traballen para a Administración
O Goberno do arquipélago busca con estas cláusulas o compromiso lingüístico das empresas como un elemento máis de responsabilidade social corporativa.
Fonte: Periódico de Ibiza
Preséntase en Bilbao unha nova edición do Atlas das Variedades Locais do Éuscaro
A Real Academia Vasca presentou o sétimo volume do atlas onde se recollen termos e expresións orais actualmente en desuso ou de uso minoritario.
Fonte: ABC
Preséntase o proxecto Kastanya.cat para fomentar o catalán e o occitano a través da música
Co proxecto Kastanya.cat preténdese impulsar os grupos que cantan en lingua catalá e occitana para fomentar o seu uso.
Fonte: La Vanguardia
Un proxecto recompila nunha web a historia da edición literaria en galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués
“Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) -EDI-RED” é un proxecto que recolle nunha páxina web a historia da edición literaria en galego, castelán, portugués, éuscaro e catalán desde 1800 ata a actualidade en formato dixital e en papel.
Fonte: El Día
Boletín
Subscríbase ao boletín