España
A localidade de Fonz acolle unha fin de semana de inmersión lingüística en aragonés
Esta experiencia de inmersión lingüística forma parte da V Trobada Vivir en Aragonés, unha iniciativa que prevé a realización de diferentes actividades cultuais e de lecer que teñen como obxectivo concienciar sobre a preservación da lingua aragonesa.
Fonte: Heraldo
O Concello de Valencia, a Generalitat e a Academia Valenciana da Lingua colaborarán para impulsar o valenciano
Un convenio de colaboración entre as tres institucións servirá para coordinar diferentes actuacións encamiñadas á normalización do valenciano.
Fonte: La Vanguardia
Baleares e Cataluña colaborarán na proxección exterior da lingua catalá
Ambos os gobernos, o de Cataluña e o das Baleares, asinaron un convenio de colaboración para o fomento e a proxección exterior do catalán.
Fonte: ABC
Navarra convoca axudas para asociacións sen ánimo de lucro que promovan o uso do éuscaro
A Comunidade destina 110 000 euros a axudas que poderán solicitarse ata o vindeiro 8 de xuño.
Fonte: eldiario.es
O Goberno vasco e a Deputación de Biscaia impulsarán os programas para o estudo da lexicografía do éuscaro biscaíño
Ambas as institucións financiarán os programas da Fundación Labayru dedicados ao estudo e ao impulso da lexicografía do éuscaro biscaíño.
Fonte: ABC
A maioría das queixas ao Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos foron por non garantirse o uso do éuscaro
Este servizo, ofrecido polo Goberno vasco, rexistrou 470 queixas o ano pasado, das cales o 99,8 % foron por non garantirse o uso do éuscaro.
Fonte: ABC
Créase unha oficina lingüística no Concello de Huesca para fomentar e difundir o uso do aragonés
O Consistorio aragonés gastará 21 000 euros ao ano na promoción do aragonés e a tradución de textos a este idioma.
Fonte: ABC
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula o plan de éuscaro do Concello de Baztan
O Plan de normalización do uso do éuscaro no Concello de Baztan fora aprobado en 2014 e recorrido o ano seguinte polo Goberno navarro.
Fonte: 20minutos
Reúnese en Bilbao o Comité de Dirección da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística
Nesta reunión participarán os membros de pleno dereito da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD) así como a representación dos membros asociados.
Fonte: 20minutos
O Parlamento vasco rexeita rebaixar o peso do éuscaro nas oposicións ao Servizo Vasco de Saúde
A Cámara vasca rexeitou unha proposta que instaba o Goberno a rebaixar o peso do éuscaro nas ofertas públicas de emprego.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín