España
O Consello Superior de Investigacións Científicas publica en liña o Atlas Lingüístico da Península Ibérica
Este atlas, elaborado entre os anos 30 e 50 do século pasado polo equipo de Ramón Menéndez Pidal, está agora dispoñible nunha web posta en marcha polo CSIC, na que se poden comparar variacións lingüísticas de conceptos da vida cotiá.
Fonte: SINC
O novo plan de goberno da Generalitat de Cataluña inclúe 17 medidas de fomento do catalán e do occitano
O Plan de Goberno para a XI Lexislatura contén 17 medidas relacionadas co ensino, a consolidación, a internacionalización e a promoción das linguas catalá e occitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña pon en marcha novas medidas para impulsar o uso do catalán na xustiza
No marco da campaña “En català, també és de llei” (En catalán, tamén é de lei), a Generalitat está a poñer en marcha novas accións para fomentar esta lingua no ámbito da xustiza.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase en Formentera a campaña "Historias do Catalán"
Esta campaña, que xa tivo unha primeira edición en 2011, ten como obxectivo visualizar a experiencia de persoas que chegan a vivir á illa e que deciden aprender catalán.
Fonte: Diario de Ibiza
Unha nova aplicación dá consellos para un uso correcto da linguaxe financeira en español
Esta aplicación para móbiles, lanzada por Fundéu BBVA, contén 300 consellos de redacción acerca da linguaxe económica e financeira.
Fonte: Diario Responsable
Un documento ofrécelles recomendacións aos poderes públicos para incrementar a presenza do éuscaro nas TIC e internet
O documento TIC en euskera: recomendaciones para los poderes públicos, elaborado polo Consello Asesor do Éuscaro, ten como obxectivo ofrecerlles recomendacións aos poderes públicos para incrementar a presenza e o emprego desta lingua nas TIC e en internet.
Fonte: Gobierno Vasco
Movistar+ incorpora a opción de subtítulos en éuscaro para as súas canles de series e cine
Os fogares españois abonados a Movistar+ poderán decidir entre ver o contido en versión orixinal ou seleccionar entre subtítulos para persoas xordas, en castelán, en éuscaro ou en catalán.
Fonte: El Correo
Palma de Mallorca acolle un acto en defensa do catalán
A Obra Cultural Balear organizou un acto de apoio á lingua catalá no que reclamou a posta en marcha de medidas que aumenten a súa presenza no día a día.
Fonte: Cadena Ser
O Goberno vasco presenta as novidades do seu tradutor automático
Como novidade, o tradutor automático do Goberno vasco incorpora o éuscaro-inglés, co que xa son catro as combinacións dispoñibles desta ferramenta.
Fonte: El Diario Vasco
Comeza unha campaña de fomento do aragonés na vida cotiá na comarca do Alto Gállego
Presentouse na comarca do Alto Gállego unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso do aragonés na vida cotiá en ámbitos como o comercio, a hostalería e os centros educativos.
Fonte: Noticias Huesca
Boletín
Subscríbase ao boletín