España

Preséntanse os datos do estudo Ofercat sobre os usos lingüísticos nos establecementos comerciais de Tarragona

O estudo Ofercat 2015 analiza nuns 400 comercios tarraconenses principalmente a rotulación e a lingua de atención á clientela.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A empresa Natrus recibe o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial polo seu fomento do uso do catalán

A empresa de alimentación e bebidas Natrus recibiu este recoñecemento, no marco do Premi Jove Empresari, pola súa promoción do uso do catalán como unha ferramenta de mellora cualitativa.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Plan Estratéxico do Éuscaro para Navarra estará finalizado en decembro deste ano

O pasado xoves celebrouse a primeira sesión relativa ao Plan Estratéxico do Éuscaro, cuxo obxectivo é a elaboración dun diagnóstico completo e actualizado da situación desta lingua en Navarra. Neste plan participarán varios departamentos do Goberno de Navarra, institucións públicas e diversos organismos sociais.

Fonte: El Diario

Navarra

A Asociación de Farmacéuticos FEUSE establece entre os seus obxectivos aumentar o uso do éuscaro nas farmacias

Entre as propostas aprobadas na súa asemblea anual, a Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns (FEUSE) estableceu a posta en marcha de iniciativas para impulsar a presenza e a utilización do éuscaro nas boticas.

Fonte: Su Nota de Prensa

País Vasco

O excesivo emprego do inglés no mundo da publicidade abre un debate sobre o seu uso

Na maioría da publicidade en España existe un emprego excesivo de terminoloxía inglesa en lugar de empregar o seu equivalente en español. Esta práctica abre un debate sobre que se pode facer para evitar o uso excesivo de palabras inglesas que substitúen palabras que xa existen en español.

Fonte: El País

Xeral

Celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas en Aragón

En Aragón celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta celebración adoptouse en 2014 no Consello de Ministros e dende entón ten lugar todos os anos o 14 de xuño. A Agrupación de Persoas Xordas de Zaragoza e Aragón organizou diversas actividades con motivo da conmemoración.

Fonte: Discapnet

Aragón

A campaña de promoción do éuscaro nos comercios de Donostia xa alcanza os 680 establecementos

Estes 680 establecementos son comercios e locais de hostalería que se comprometen a atender os clientes en éuscaro e dirixir a primeira palabra nesta lingua. Todos os locais levarán unha insignia distintiva para informar os clientes de que poden ser atendidos en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Máis da metade dos traballadores de Xustiza no País Vasco xa ten acreditado algún perfil lingüístico

Dos traballadores de Xustiza, 1150 dun total de 2296 teñen xa adxudicado un perfil lingüístico. O ritmo de introdución do éuscaro nesta Administración foi máis lento ca noutros ámbitos debido á súa complexidade.

Fonte: El Diario

País Vasco

As reclamacións sobre o deficiente uso do catalán recibidas pola Administración pública aumentaron o dobre no último ano

As queixas pasaron de 55 en 2014 a un total de 120 en 2015. A maior parte destas reclamacións produciuse pola ausencia da lingua catalá nalgún ámbito do sector público ou privado. O principal motivo foi a falta de atención escrita ou oral en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Máis de 5000 persoas aprenderon éuscaro nos euskaltegis e barnetegis o pasado verán

Os euskaltegis e barnetegis acolleron máis de 5000 persoas o pasado verán. Os alumnos interesados en aprender éuscaro poden elixir algún dos numerosos cursos que ofrecen estes centros.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder