España
Os xulgados de Reus acollen a exposición “O catalán tamén é de lei” que reivindica o emprego da lingua no ámbito xudicial
A exposición “O catalán tamén é de lei” celebrarase nos xulgados de Reus impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña, co obxectivo de promover o emprego do catalán no ámbito xudicial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O catalán é a novena lingua de Europa en número de falantes
O Instituto Ramon Llull presentou unha avaliación sobre o estado do estudo do catalán no mundo. Así pois, o catalán está presente en 145 centros universitarios en 28 países de catro continentes e conta con 6 000 estudantes matriculados en primeiro, segundo e terceiro grao. Así mesmo, é a novena lingua por número de falantes en Europa.
Fonte: El Nacional
Bielsa solicita ao Goberno de Aragón a declaración do municipio como zona de utilización histórica predominante do aragonés
O Pleno Municipal de Bielsa aprobou solicitar ao Goberno a declaración de municipio de utilización histórica do aragonés. Bielsa súmase así aos municipios de Mianos, Val d’Echo, Fonz, Caldearenas, Santa Cilia, Arguis, Boltaña, Broto e Almudévar.
Fonte: AraInfo
Aumenta o orzamento de axudas destinadas a estudantes que cursaron éuscaro este ano académico
A comisión de Éuscaro, Cultura, Educación, Mocidade e Festas do Goberno vasco aprobou as axudas para a aprendizaxe do éuscaro que experimentaron esta ano un incremento dun 43 %.
Fonte: Diario Vasco
Preséntase en Cataluña unha base de datos en liña con todas as películas e series dispoñibles en catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña presentou unha nova base de datos onde se poden consultar todas as películas e series que hai dispoñibles en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Consello Social da Lingua Catalá aproba o documento de actuacións en materia de política lingüística 2016-2021
O Consello Social da Lingua Catalá aprobou o documento que recolle as propostas de actuacións en materia de política lingüística no período 2016-2021. Este documento axudará as institucións no ámbito da normalización lingüística.
Fonte: Última Hora
Preséntanse os resultados de sete enquisas sociolingüísticas sobre o catalán realizadas entre 2013 e 2015
Os resultados destas enquisas foron presentados na IV Xornada sobre lingua e sociedade nos territorios de fala catalá. Entre algúns dos datos, saliéntase que en Cataluña e Baleares un 80 % sabe falar catalán, en Alguer un 50 % e no sur de Francia un 35,4 %.
Fonte: La Vanguardia
Estrean a primeira webserie en lingua de signos catalá
A webserie Peixos en lingua de signos catalá foi creada por un grupo de persoas xordas e non xordas por iniciativa propia. A serie conta con nove capítulos dispoñibles en Youtube.
Fonte: La Vanguardia
O novo modelo lingüístico valenciano para o curso 17-18 apostará por unha educación plurilingüe
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana presentou as primeiras premisas nas que se baseará o novo modelo lingüístico, que apostará por unha ensinanza cun maior peso do valenciano e do inglés.
Fonte: Levante EMV
O Goberno de Cataluña traballa con plataformas de contidos dixitais para fomentar a subtitulación e a dobraxe en catalán
A Consellería de Cultura de Cataluña está colaborando coas principais distribuidoras de contido dixital como Filmin ou Netflix para fomentar a subtitulación e a dobraxe en catalán.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín