España

O Consello de Menorca convoca axudas para fomentar o emprego do catalán

O obxectivo destas axudas é situar o catalán como lingua habitual de traballo e de atención ao público nas actividades sociais, económicas e deportivas. O montante total das axudas será de 10 000 euros.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

A Deputación de Guipúscoa aproba o texto sobre política lingüística do Consello Asesor do Éuscaro

Este documento recolle as bases para o desenvolvemento da política lingüística para o período 2016-2036, centrado na revitalización da lingua vasca.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Cúmprese unha década da oficialidade da lingua occitana en Cataluña

O vixésimo noveno encontro occitano-catalán celebrado no Port de Salau tivo como tema principal o aniversario dunha década da oficialidade da lingua occitana en Cataluña.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Presentan unha proposición de lei no Parlamento balear para que a radiotelevisión autonómica IB3 promova o catalán

O partido político Més per Menorca presentou unha proposición de lei para que a radiotelevisión autonómica IB3 sexa un organismo normalizador da lingua catalá.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

A asociación de fomento do éuscaro Administrazioan Euskaraz Taldea demanda rótulos en lingua vasca na entrada a Navarra

Esta asociación pide que os rótulos das entradas a Navarra estean escritos tamén en éuscaro, xa que en gran parte da comunidade están só en castelán.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Celébrase unha xornada para conmemorar a singularidade lingüística da localidade cacereña de Serradilla

A xornada “Habla Serradilla” terá como obxectivo promover esta variante lingüística baseada no astur-leonés, a cal aínda ten vixencia na localidade estremeña.

Fonte: El Diario

Estremadura

Os inscritos nas probas de nivel de catalán aumentaron nun 58 % respecto a 2015

O número de inscritos en xaneiro foi de 3484, cun total de 751 persoas aptas. Por outra parte, en maio foi de 3955, cun total de 1240 aprobados.

Fonte: Última Hora

Cataluña

A Universidade de Branu considera cumpridos os obxectivos do sétimo curso de asturiano de Cangas de Narcea

A Universidade Asturiana de Branu finalizou o sétimo curso de inmersión lingüística en asturiano en Cangas de Narcea, cun resultado que consideran que cumpriu os obxectivos marcados.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Un terzo dos nenos matriculados nas escolas infantís de Pamplona recibirá o servizo en éuscaro

Dos 963 nenos matriculados nas escolas infantís de Pamplona, 364 recibirán a formación en éuscaro, 354 en castelán e 245 en castelán e inglés.

Fonte: Eitb

Navarra

O filólogo alemán Tilbert Stegmann publica un libro de ensaios sobre literatura catalá

No libro titulado El plaer de llegir literatura catalana o filólogo alemán recompila varios ensaios nos que intenta descubrir como os narradores ou poetas conseguen a atención dos lectores.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder