España
O Concello de Huesca promove o aragonés mediante a convocatoria do I Premio Pedro Lafuente
A convocatoria do I Premio Pedro Lafuente, un certame literario en aragonés, ten como obxectivo reivindicar o traballo deste polifacético autor.
Fonte: Heraldo
Preséntase o Plan de fomento da aprendizaxe da lingua catalá no exterior
A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou este plan de fomento do catalán no marco da reunión do Consello das Comunidades Catalás do Exterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Catalunya e o Goberno de Aragón fomentarán xuntos o catalán
Ambos os gobernos renovaron un convenio escolar destinado a impulsar accións conxuntas en materia de educación e fomento do catalán.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Barakaldo crea unha web con toda a información relativa ao éuscaro da localidade
Esta web pretende converterse nunha referencia para coñecer toda a información, actividades e proxectos relacionados co éuscaro e a súa aprendizaxe.
Fonte: El Correo
Instan o Goberno da Comunidade Valenciana a que esixa o valenciano para acceder á función pública
A Plataforma polos Dereitos Lingüísticos solicitoulle ao Goberno da Generalitat Valenciana a que poña en marcha unha lei que esixa o valenciano como requisito para acceder á función pública.
Fonte: El Diario
Investigadores da Universidade do País Vasco estudarán o papel dos bilingües pasivos na utilización do éuscaro
Este estudo ten como obxectivo ser de utilidade á hora de definir as políticas lingüísticas e as dinámicas destinadas a favorecer a normalización do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno de Aragón presenta no Parlamento Europeo un informe sobre a situación do aragonés e o catalán
O Parlamento Europeo comprometeuse a colaborar co Goberno de Aragón para mellorar a situación das linguas minoritarias que se falan nesta comunidade, aragonés e catalán.
Fonte: Aragón Digital
O Goberno balear subvencionará a prensa local e a especializada en catalán
O Goberno das illas baleares destinará axudas por un valor de 175 000 euros a proxectos da prensa local e a prensa especializada escritos en catalán.
Fonte: Diari de Balears
O Concello de Vitoria fomentará o emprego do éuscaro mediante axudas por un valor de 76 230 euros
Estas axudas están destinadas a organizacións e entidades que promoven o idioma e fomentan a súa aprendizaxe, como os euskaltegis e os centros escolares.
Fonte: Noticias de Álava
O Sistema de Indicadores do Éuscaro medirá a evolución desta lingua de forma continua
Este proxecto estará financiado nun 65 % pola Unión Europea e permitirá dispoñer dunha ferramenta científica para medir a evolución do idioma.
Fonte: Noticias Press
Boletín
Subscríbase ao boletín