España
Presentan unha ferramenta web cun centenar de ditados para aprender e practicar lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña presentou esta ferramenta de ditados que permitirá practicar o catalán mediante escoita, escrita e as propias correccións do programa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña e Catalunya Film Festivals renovan o acordo para fomentar os subtítulos do cine en catalán
Este acordo contará cunha dotación de 115 000 euros e poderá subtitular máis de 600 películas e curtametraxes. O acordo está activo dende o 2008 e permitiu subtitular 1130 películas e 3537 curtametraxes.
Fonte: La Información
O número de alumnos de éuscaro nos centros públicos para adultos de Navarra aumentou nun 8,21 %
No curso 2015-2016 rexistrouse un incremento do 8,21 % dos alumnos matriculados en éuscaro nas escolas de idiomas e no euskaltegi de Euskarabidea.
Fonte: La Información
O Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos presentarase no Foro Europeo da Diversidade Lingüística
Este protocolo contará con preto de 180 propostas para garantir os dereitos das linguas minorizadas, seleccionadas entre un total de 400 propostas achegadas.
Fonte: Diario Vasco
A VI Enquisa Sociolingüística do éuscaro destaca que o 34 % da poboación adulta fala esta lingua
Este dato supón un aumento do número de falantes adultos da lingua nun 10 % nos últimos 25 anos. Ademais, un 19,1 % son falantes de vasco pasivos e o 47,7 % restante, castelanfalantes monolingües.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Concello de Palma establece o catalán como requisito para as contratacións
O Concello de Palma obrigará as empresas contratistas a entregar toda a documentación técnica, polo menos, en catalán e a empregala nos rótulos, publicacións, avisos e outras comunicacións derivadas do contrato.
Fonte: Última Hora
A localidade de Viana acolle a festa de apoio ás ikastolas navarras
Como cada ano, a festa de apoio ás ikastolas navarras reuniu a miles de persoas, entre elas, a presidenta do Goberno foral.
Fonte: El Día
Bilbao acolle a terceira edición da feira do cómic en éuscaro
Esta será a terceira edición do festival do cómic vasco, onde organizarán talleres monográficos, proxeccións de cine, novidades editoriais e unha feira de cómics en éuscaro.
Fonte: Deia
O Concello de Pamplona encárgalle á Real Academia da Lingua Vasca facer un estudo sobre o nomenclátor da cidade
Este estudo analizará a versión en éuscaro do nomenclátor das rúas de Pamplona, co obxectivo de aprobar de forma oficial o rueiro da cidade.
Fonte: Pamplona Actual
A Generalitat de Catalunya organiza un ciclo de cine infantil en catalán que chegará a máis de 50 localidades
CINC, o programa de cinema infantil en catalán, levará a 51 municipios de Cataluña e 2 da Franxa de Aragón un total de 36 películas dobradas nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín