España
Ponse en marcha unha iniciativa en Donostia para promover o uso do éuscaro no comercio
Máis de mil comercios de Donostia mostran nos seus escaparates o distintivo co que se informa a clientela de que pode recibir atención en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Recorren as probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe o persoal eventual
O sindicato LAB vai recorrer a convocatoria extraordinaria de probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe tamén nelas o persoal eventual.
Fonte: El Correo
As direccións xerais de Política Lingüística de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana unen forzas para promover o catalán
A direccións xerais de Política Lingüística destes territorios reuníronse para debater as formas de traballar conxuntamente para poder impulsar o catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Zaragoza acollerá unhas xornadas sobre a diversidade lingüística en Aragón
Estas xornadas, organizadas polo departamento de Educación e a Asociación de Periodistas, abordarán a situación das linguas minoritarias en Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula as 100 prazas de mestre en éuscaro recollidas na Oferta de Emprego Público
O motivo da anulación destas prazas de mestre en éuscaro foi que non estaban recollidas no cadro de persoal orgánico co requisito específico do éuscaro.
Fonte: Eitb
O Dicionario da Academia da Lingua Vasca recibe case 100 000 visitas en outubro
Este dicionario, cuxa nova edición foi presentada o pasado 6 de outubro, recibiu case 100 000 visitas na súa versión web.
Fonte: El Diario
O Plan de subvencións culturais e de fomento do catalán de Baleares aumentará o presuposto un 14 %
O plan busca o impulso da cultura e da lingua catalás, para o cal disporá dun total de 2,4 millóns de euros, un 14 % máis que o ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
Unha nova aplicación móbil ofrecerá recursos xurídicos en éuscaro
Esta aplicación, elaborada polo Goberno vasco, ten como obxectivo principal o fomento do emprego do éuscaro na xustiza, con máis de 400 000 traducións xurídicas.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat Valenciana impulsará o multilingüismo no ámbito social
A Generalitat asinou un convenio de colaboración cola Federación Valenciana de Municipios e Provincias polo cal se compromete a destinar 30 000 euros á promoción do multilingüismo no ámbito social.
Fonte: València Extra
A Generalitat de Cataluña explorará novas vías para a promoción do catalán en Alguer
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat reuniuse en Barcelona cun representante do Concello de Alguer co obxectivo de colaborar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín