España

A Generalitat de Cataluña publica novas actividades para facilitar a aprendizaxe do catalán na empresa

Os novos materiais didácticos da iniciativa “Llegir per parlar, llegir per aprendre” abordan temas como o emprendemento, as pensións, os autónomos, o cooperativismo, a responsabilidade social empresarial etc.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Por primeira vez escóitase falar a lingua leonesa no Senado

Un senador valenciano foi o primeiro en utilizar a lingua leonesa na historia do Senado.

Fonte: El Economista

Xeral

Reivindican a presenza da lingua asturiana na Radiotelevisión do Principado de Asturias

Iniciativa pol Asturianu presentou un informe no que analiza os dez últimos anos do ente público e no que realiza propostas lingüísticas e culturais.

Fonte: El Digital de Asturias

Asturias

A ONCE e o Goberno vasco adaptan ao braille e ao sistema sonoro máis de 600 libros en éuscaro

O proxecto, realizado a través do persoal técnico da ONCE, contou coa subvención da Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco.

Fonte: Euskara

País Vasco

O Concello de Valencia aplicará cláusulas lingüísticas en todos os seus novos contratos

As empresas contratadas polo Concello de Valencia deberán cumprir, entre outras, unha cláusula lingüística pola que se comprometen a realizar en valenciano as súas comunicacións externas e co Consistorio.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Un total de 36 concellos integra a Rede de Dinamización Lingüística de Mallorca

O proxecto, posto en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do Departamento de Cultura de Mallorca, busca dinamizar o uso da lingua catalá entre os concellos.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Aumenta en Cataluña a lectura de libros en catalán, malia que o castelán continúa como lingua máis habitual de lectura

Segundo un estudo sobre os hábitos de lectura e compra de libros en Cataluña, case o 90 % dos lectores le ocasionalmente títulos en catalán, pero só é a lingua máis habitual para un cuarto destes.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Un informe propón modificar os criterios dos exames de éuscaro para a obtención dos certificados oficiais

A Comisión de Seguimento de Validacións de Certificacións aconsella no seu informe orientar a revisión dos exames acreditativos e avaliar, principalmente, a capacidade comunicativa.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Preséntase unha guía que persegue que os alumnos de Formación Profesional realicen as súas prácticas en éuscaro

Cristina Uriarte, conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco, insiste na importancia de unificar o proceso de aprendizaxe, o éuscaro e o ámbito laboral.

Fonte: Deia

País Vasco

Un proxecto da editorial Santillana publicará literatura xuvenil en lingua catalá

O proxecto conta cun catálogo inicial de 44 títulos para Cataluña, a Comunidade Valenciana e as Baleares.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder