España
O 54,5 % dos internautas de Cataluña visita páxinas web en lingua catalá
Son datos do informe sobre Política Lingüística do 2015. As páxinas máis visitadas en Cataluña con versión en catalán son as das grandes empresas como Google ou Facebook e as dos medios de comunicación.
Fonte: El País
Publican un novo dicionario en liña sobre termos cataláns de xardinería e paisaxismo
Este novo glosario incluirá terminoloxía específica dirixida aos profesionais do sector da xardinería e do paisaxismo que desexen empregar uns termos comúns e estandarizados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Presentan unha campaña para impulsar o éuscaro no ámbito laboral na comarca de Oarsoaldea
A campaña, denominada Euskaraz, S.A., ten como obxectivo sensibilizar os axentes do ámbito laboral e fomentar a normalización lingüística da lingua vasca.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Pamplona fomenta a creación de grupos de conversa en éuscaro
Para o curso 2016/17 o concello creará o programa “Mintzakide. Voluntarios pola lingua” que permitirá a organización de grupos de conversa para perfeccionar o nivel de éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
O Goberno de Navarra impulsa unha campaña para mellorar a imaxe e o prestixio social do éuscaro
A campaña de comunicación desenvolverase durante a segunda quincena de novembro, e difundirá a súa mensaxe en revistas locais, transporte urbano e salas de cine.
Fonte: 20 Minutos
Demandan que se poidan presentar obras en asturiano ao premio de relatos do Concello de Villaviciosa
Este premio tan só permite presentar obras en lingua castelá, o que supón, segundo constata a organización Iniciativa polo Asturiano, unha discriminación grave para a lingua asturiana e os escritores que a empregan.
Fonte: Villaviciosa Hermosa
O Goberno vasco edita oito novos dicionarios terminolóxicos en éuscaro
Estes dicionarios están vinculados á formación profesional, á empresa, á Administración pública e ao dereito, e inclúen definicións con equivalencias en castelán, francés e inglés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O programa comerçlocal.cat permite crear máis de 150 sitios web en catalán para comercios locais xerundenses
Este programa, impulsado pola Fundación puntCAT co apoio do Goberno de Cataluña, ten como obxectivo crear consciencia das oportunidades do mundo dixital para o comercio local.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Donostia acollerá o Foro Europeo da Diversidade Lingüística
O foro celebrarase os días 15 e 16 de decembro e nel entidades e profesionais relacionados coa lingua e coa cultura reflexionarán sobre o desenvolvemento das linguas minorizadas en Europa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Representantes do sector cultural asinan un manifesto en defensa da dobraxe en catalán
A Asociación de Actores e Directores Profesionais de Cataluña presentou un manifesto que ten como obxectivo resaltar a importancia da dobraxe para a difusión da lingua catalá.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín