España

Máis de cen entidades subscriben en Donostia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

Máis dun cento de organizacións que representan a 25 linguas minoritarias europeas asinaron este protocolo que contén 185 medidas que buscan asegurar a igualdade lingüística.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Kontseilua solicítalle ao Parlamento navarro a creación dunha nova lei do éuscaro

Co gallo da celebración do 30 aniversario da Lei do éuscaro, o secretario xeral de Kontseilua resaltou a necesidade dunha nova lei.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O fomento do éuscaro na Administración e no ensino centra a maioría das propostas cidadás ao Goberno Foral

A maioría das contribucións da cidadanía ao Plan estratéxico do éuscaro solicita unha maior oferta educativa nesta lingua e unha maior utilización na Administración e noutros ámbitos da sociedade.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Un total de 52 novas entidades recibe os certificados Bikain polo seu emprego do éuscaro

San Sebastián acolleu o acto de entrega dos certificados Bikain (19 de ouro, 22 de prata e 11 de bronce) de calidade na xestión lingüística a 52 empresas e entidades.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Solicitan a tradución ao asturiano de documentos básicos para normalizar esta lingua no ámbito da construción

Un representante da empresa Reteyaores solicitou, durante unha entrega de premios, a tradución de documentos básicos para normalizar o uso do asturiano no sector da construción.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Convócanse os Premios Llanterna Digital de curtametraxes en catalán e occitano

A Generalitat de Cataluña convocou estes premios que teñen como finalidade impulsar a produción de curtametraxes en linguas catalá e occitana.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Valencia subvencionará asociacións que impulsen o valenciano no ámbito cultural e educativo

Despois de impulsar o ensino do valenciano entre o persoal municipal, o Consistorio de Valencia convocará subvencións para asociacións co obxectivo de fomentar o emprego do valenciano no ámbito cultural e educativo.

Fonte: El Periódico de Aquí

Comunidade Valenciana

A Deputación de Valencia lanza unha aplicación interactiva para aprender valenciano

Enjogassa't é un xogo interactivo para aprender valenciano de forma divertida, dinámica e colaborativa a través de dispositivos móbiles.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

O Senado reclama que o Instituto Cervantes se encargue de todas as linguas oficiais de España

O ministro de Educación, Cultura e Deporte explicou que o Instituto Cervantes debe ocuparse de todas as linguas oficiais, ante a reclamación dun senador que pediu que esta institución atendese a realidade plurilingüe do Estado español.

Fonte: El Español

Xeral

Comeza a aplicarse na Generalitat a nova normativa lingüística do catalán

A nova normativa lingüística, establecida polo Instituto de Estudos Cataláns, xa comezou a aplicarse na Administración da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder