España

O Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos presentarase no Foro Europeo da Diversidade Lingüística

Este protocolo contará con preto de 180 propostas para garantir os dereitos das linguas minorizadas, seleccionadas entre un total de 400 propostas achegadas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A VI Enquisa Sociolingüística do éuscaro destaca que o 34 % da poboación adulta fala esta lingua

Este dato supón un aumento do número de falantes adultos da lingua nun 10 % nos últimos 25 anos. Ademais, un 19,1 % son falantes de vasco pasivos e o 47,7 % restante, castelanfalantes monolingües.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Concello de Palma establece o catalán como requisito para as contratacións

O Concello de Palma obrigará as empresas contratistas a entregar toda a documentación técnica, polo menos, en catalán e a empregala nos rótulos, publicacións, avisos e outras comunicacións derivadas do contrato.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

A localidade de Viana acolle a festa de apoio ás ikastolas navarras

Como cada ano, a festa de apoio ás ikastolas navarras reuniu a miles de persoas, entre elas, a presidenta do Goberno foral.

Fonte: El Día

Navarra

Bilbao acolle a terceira edición da feira do cómic en éuscaro

Esta será a terceira edición do festival do cómic vasco, onde organizarán talleres monográficos, proxeccións de cine, novidades editoriais e unha feira de cómics en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Pamplona encárgalle á Real Academia da Lingua Vasca facer un estudo sobre o nomenclátor da cidade

Este estudo analizará a versión en éuscaro do nomenclátor das rúas de Pamplona, co obxectivo de aprobar de forma oficial o rueiro da cidade.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

A Generalitat de Catalunya organiza un ciclo de cine infantil en catalán que chegará a máis de 50 localidades

CINC, o programa de cinema infantil en catalán, levará a 51 municipios de Cataluña e 2 da Franxa de Aragón un total de 36 películas dobradas nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Cangas de Narcea convoca o XIV Concurso de Relatos Curtos en Asturiano

Con este concurso preténdese enriquecer as letras asturianas, así como dignificar a súa lingua.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Goberno catalán analizará a situación da lingua catalá no arquipélago balear

A Generalitat subscribirá un convenio co Goberno balear e a Universidade das Illas Baleares para colaborar na realización dunha enquisa sobre coñecementos e usos lingüísticos da poboación do arquipélago.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Madrid acollerá un encontro dos profesores de éuscaro dos centros vascos de Europa

O Encontro Anual de Irakasles, que se realizará en Madrid, ten como obxectivo compartir experiencias, aclarar dúbidas e obter recursos, ideas e ferramentas para mellorar as clases de éuscaro.

Fonte: Euskalkultura

Madrid

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder