España

O Goberno balear convoca cursos de catalán para nais e pais do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria

Estes cursos teñen como obxectivo que pais e nais que non saben catalán adquiran coñecementos básicos desta lingua para comunicarse coas súas fillas e fillos e axudarlles na súa aprendizaxe.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Crean unha base de datos sobre o cine producido en lingua vasca

A páxina web Ganbara permitirá acceder á información de máis de 200 películas, 400 profesionais e 50 empresas do sector que producen cine en éuscaro.

Fonte: Eitb

País Vasco

Un estudo recompilará a toponimia aragonesa de Huesca

Un estudo, encargado polo Concello de Huesca a un especialista en lingua aragonesa, recompilará a toponimia tradicional das súas rúas e barrios.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Facultade de Dereito da Universidade de Valencia impulsará o uso do valenciano no ámbito xurídico

Un novo itinerario formativo da Facultade de Dereito, denominado "Jurista en valencià", busca que o valenciano se converta nunha ferramenta de comunicación no ámbito xurídico.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Un informe insta a poñer en marcha unha planificación lingüística firme para o éuscaro no ámbito do tempo libre

O informe Gu gazteok revela que o castelán está moi presente no tempo libre da mocidade vasca, polo que cómpre mellorar a situación do éuscaro en actividades relacionadas co deporte, a cultura e o lecer.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Convócase a cuarta edición do premio FilCat.UB co que se busca fomentar a investigación sobre a lingua e a literatura catalás

A Universidade de Barcelona convoca a cuarta edición deste premio que ten entre os seus obxectivos impulsar os traballos de investigación de bacharelato sobre temas relacionados coa lingua e a literatura catalás.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat Valenciana convoca axudas para a promoción do valenciano

En total, Política Lingüística destina 2,7 millóns de euros ás axudas para o fomento do valenciano en concellos, mancomunidades de municipios e entidades locais, así como en institucións, entidades e asociacións.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Concello de Castellón retoma o programa de voluntariado das "parellas lingüísticas"

O programa de voluntariado das "parellas lingüísticas" ten como obxectivo fomentar o valenciano entre os cargos políticos e o persoal municipal de Castellón.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Goberno balear convoca axudas para impulsar actividades que fomenten o uso social do catalán

Esta convocatoria destina un total de 200 000 euros a subvencións para o desenvolvemento de actividades que axuden á difusión e o fomento do uso social do catalán entre a cidadanía do arquipélago.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno navarro fomenta a matriculación no modelo D de ensinanza en éuscaro

O Goberno de Navarra iniciará unha campaña co obxectivo de incrementar o alumnado no modelo D, no cal todas as materias, agás Inglés e Lingua Castelá, se imparten en éuscaro.

Fonte: El Confidencial Autonómico

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder