España
Máis de 500 institucións asinan a declaración impulsada co gallo do Día do Éuscaro
A declaración con motivo do Día do Éuscaro, que suma máis de 500 adhesións de diferentes ámbitos (política, medios de comunicación, sindicatos, ensino, cultura etc.), ten como lema "Que podo facer eu polo éuscaro?".
Fonte: Diario Vasco
Xa se coñece a empresa gañadora do premio á mellor campaña publicitaria en catalán convocado polo Goberno balear
O premio da convocatoria de 2016 foi para o Instituto Oftalmolóxico de Mallorca pola súa campaña 'No a les ulleres. Sigui revolucionari'.
Fonte: La Vanguardia
Organizan unha xornada para analizar o descenso do uso do catalán na xustiza
Esta xornada, organizada pola Avogacía Catalá e o Colexio de Avogados de Sant Feliu, ten como obxectivos analizar as causas do descenso na utilización do catalán no ámbito da xustiza, así como buscar solucións a este feito.
Fonte: Abogacía
Un informe alerta sobre o descenso no uso do catalán na universidade
Segundo un estudo, a utilización do catalán foi diminuíndo nas universidades dos territorios nos que se fala esta lingua.
Fonte: El Nacional
Reivindican a defensa da lingua galega na Festa do Cocido de Ponferrada
Un ano máis Ponferrada celebrou a súa Festa do Cocido Galego na que se exaltóou a unión entre O Bierzo e Galicia e se reivindicou a necesidade de conservar a lingua galega.
Fonte: InfoBierzo
A Deputación de Valencia pon en marcha un programa de asistencia lingüística aos concellos
O programa de asistencia lingüística para os concellos das comarcas de Valencia ten como obxectivo facilitar a redacción e a publicación dos anuncios municipais en valenciano e en castelán.
Fonte: Las Provincias
A Generalitat Valenciana presenta o seu manual de criterios lingüísticos
O manual Criterios lingüísticos da administración da Generalitat ten como obxectivo servir de guía para a redacción de escritos en valenciano.
Fonte: ABC
Un informe sinala o descenso da utilización do catalán entre a poboación balear
Segundo un informe, entre os anos 20014 e 2014 baixaron as porcentaxes de uso do catalán como lingua inicial, como lingua habitual e como lingua de identificación.
Fonte: Menorca
Propoñen unha serie de medidas para recuperar a utilización do valenciano
Entre as medidas que propón Acció Cultural del País Valencià (ACPV) figuran a recuperación da radio e televisión públicas valencianas ou o impulso do valenciano en ámbitos como a xustiza, o comercio ou a banca.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno navarro celebra por vez primeira Día do Éuscaro
Por primeira vez, este 3 de decembro de 2016 o Goberno navarro celebrará o Día Internacional do Éuscaro, unha conmemoración que coincide co Día de Navarra.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín