España
A Oficina de Dereitos Lingüísticos da Comunidade Valenciana comeza a dar os seus primeiros pasos
A Oficina de Dereitos Lingüísticos, impulsada pola Generalitat, será un órgano de carácter institucional e ten como obxectivo atender as queixas e as suxestións que se formulen nesta materia.
Fonte: El Mundo
Segundo un estudo, apenas un 4,2% da poboación de Aragón fala catalán e un 1,9%, aragonés
O estudo, realizado por investigadores da Universidade de Zaragoza, a Autónoma de Barcelona e a Rovira i Virgili, conclúe que en Aragón falan catalán 55 513 persoas (4,2% da poboación) e aragonés, 25 556 (1,9%).
Fonte: El Nacional
O Goberno de Cataluña ofrece ditados en liña para axudar á adaptación ás novas normas ortográficas do catalán
O Departamento de Cultura puxo a disposición das persoas interesadas un conxunto de ditados en liña para traballar as novas normas ortográficas, así como unha ferramenta que recolle as principais dúbidas lingüísticas dos usuarios sobre a reforma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Arranca un concurso de videoclips para promover a creación colectiva en éuscaro da xente nova
O concurso de videoclips 'Bertsoa Bizi Gazte', posto en marcha pola Deputación Foral de Áraba e a asociación Arabako Bertsozale Elkartea, ten como obxectivo fomentar as creacións en éuscaro da mocidade.
Fonte: 20minutos
A Deputación Foral de Biscaia convoca axudas para a edición de publicacións periódicas en éuscaro
Estas subvencións están destinadas ás sociedades mercantís e cooperativas, persoas empresarias, profesionais e xurídicas privadas sen ánimo de lucro que editen publicacións periódicas en éuscaro durante 2017.
Fonte: Deia
Escolares de diferentes centros do País Vasco e Navarra participan no concurso Coca-Cola de Novos Talentos en éuscaro
Un total 354 mozas e mozos procedentes de 57 centros escolares do País Vasco e Navarra participaron nas probas escritas do concurso Coca-Cola de Novos Talentos en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Preséntase a ‘Gramática Básica de l’Aragonés’
A Gramática Básica de l'Aragonés, elaborada polo Estudo de Filoloxía Aragonesa (EFA), constitúe unha obra de referencia e un valioso traballo sobre esta lingua.
Fonte: AraInfo
Unha nova aplicación permitirá opinar sobre o uso do catalán nos establecementos comerciais
A Plataforma pola Lingua lanzou CatalApp, unha aplicación para que a cidadanía poida valorar o uso do catalán nos comercios, tanto na atención oral como escrita.
Fonte: E-Notícies
Segundo unha enquisa, o 75% do persoal do Concello de Alacant móstrase disposto a mellorar o seu nivel de valenciano
Unha enquisa sobre os usos lingüísticos do Concello de Alacant desvela que o 75% do funcionariado desexa mellorar o seu nivel de valenciano e está disposto a recibir formación nesta lingua.
Fonte: Información
A web do Concello de Huesca xa conta con versión en aragonés
Xa está dispoñible a versión en aragonés da páxina web municipal do Concello de Huesca, que nun principio só terá nesta lingua unha parte dos contidos, mentres que o resto irá actualizándose progresivamente.
Fonte: NoticiasPress
Boletín
Subscríbase ao boletín