España
Segundo un estudo, só un 11% da poboación española está estudando unha lingua estranxeira
Segundo datos do Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, só un de cada dez maiores de 18 anos estuda unha lingua estranxeira. Deles, a maioría (77,9%) está aprendendo inglés, lingua á que seguen, a moita distancia, o francés (11%) e o alemán (7,8%).
Fonte: 20minutos
O Goberno balear organiza cursos para nais e pais non catalanfalantes do alumnado dos centros do arquipélago
O obxectivo destes cursos, organizados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, é axudar aos pais e nais a adquirir coñecementos básicos de catalán para que poidan comprender as comunicacións do seu centro educativo.
Fonte: Última Hora
EiTB márcase como reto continuar aumentando a oferta de contidos en éuscaro
A Radio Televisión Vasca EiTB quere continuar incrementando a súa oferta de contidos en éuscaro, así como manter o liderado dos servizos informativos.
Fonte: El Periódico
Once grupos que usan o asturiano optan a algún dos premios musicais AMAS
Once grupos que utilizan habitualmente a lingua asturiana figuran entre os 88 finalistas que optan a algún dos premios AMAS aos mellores traballos musicais do ano.
Fonte: La Vanguardia
O Dicionario da RAE xa está dispoñible nunha aplicación descargable para usarse sen conexión a internet
Unha nova aplicación permitirá descargar a última edición do Diccionario de la lengua española (DLE) da RAE. Ademais, pode accederse sen conexión a internet e está dispoñible para Apple e Android.
Fonte: RAE
Sindicatos e Goberno valenciano traballarán conxuntamente para mellorar a competencia lingüística do funcionariado
Representantes dos principais sindicatos reuníronse coa conselleira de Xustiza e Administración Pública para presentarlle o acordo no que propoñen que o funcionariado conte cun nivel axeitado tanto de valenciano como de castelán.
Fonte: El Diario
O TC abordará conxuntamente seis recursos relativos ao catalán para dar unha resposta unitaria en materia lingüística
O Tribunal Constitucional decidiu tratar de maneira conxunta seis recursos presentados a catro normas que regulan dalgunha forma o uso do catalán. O obxectivo desta decisión é dar unha resposta unitaria aos aspectos comúns que se presentan neles.
Fonte: El Periódico
Unha nova guía presentaralle a lingua catalá á comunidade de fala wolof
Coa guía Dalal jam al català!, editada en versión bilingüe catalán-wolof, preténdese presentarlle a lingua catalá á comunidade islámica e de fala wolof residente en Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha aplicación móbil valorará e fomentará o uso do catalán no comercio
A CatalApp permitiralles ás persoas consumidoras avaliar establecementos comerciais en cuestións relativas ao trato lingüístico recibido en atención oral ou escrita.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O 52,8% das familias usuarias das escolas infantís de Pamplona mostra satisfacción coa oferta lingüística actual
O Concello de Pamplona presentou un informe sobre a realidade das escolas infantís no que se indica que un 52,8% das familias valora positivamente a actual oferta lingüística das escolas infantís municipais da cidade.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín