España
O Concello de Vitoria destinará máis de 800 000 euros a cursos de éuscaro
Un total de 812 375 euros destinaranse para cursos de éuscaro impartidos nos centros cívicos da cidade, dirixidos a pais, maiores de 55 anos, comerciantes, hostaleiros e estranxeiros.
Fonte: Noticias de Álava
Unha nova edición do dicionario inglés-éuscaro dobra o contido da anterior edición de 2007
Esta nova edición, publicada pola editorial Elhuyar en colaboración coa editorial Collins, ten un total de 64 270 unidades léxicas, 86 150 acepcións e 21 400 exemplos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
España é o terceiro país da Unión Europea con menos adultos que falan unha lingua estranxeira
Segundo a Oficina Estatística da Unión Europea, España é o terceiro país da UE con menos adultos que falen unha lingua estranxeira, cun 49 % de persoas que non falan ningunha.
Fonte: El Día
Varias entidades impulsan un manifesto a prol do catalán
Entidades de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares, agrupadas na Federación Llull, presentan o Manifesto de Randa, un documento en favor do catalán.
Fonte: El Nacional
As probas de aceso á avogacía estarán dispoñibles en galego, éuscaro, catalán e valenciano
Un convenio entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, Cataluña e Valencia permitirá elaborar as probas de acceso á avogacía nestes idiomas.
Fonte: Europa Press
O I Premio Nacional de Literatura Asturiana outorgarase a autores con traxectoria nesa lingua
A creación deste premio por parte da Academia da Lingua Asturiana permitirá recoñecer o labor normalizador da creación literaria en asturiano.
Fonte: La Nueva España
Segundo unha enquisa, o 80 % da poboación catalá quere máis ensino de catalán para persoas inmigrantes
Esta enquisa sinala que oito de cada dez cataláns está de “acordo ou moi de acordo” en que se dedique maior esforzo ao ensino de lingua catalá ás persoas inmigradas.
Fonte: La Vanguardia
Unhas xornadas revelan que o uso do catalán retrocede entre a xente nova da zona oriental de Huesca
Entre as conclusións presentadas nas xornadas de debate Cinga-Fórum sinálase que un 20 % dos mozos pertencentes a familias catalanfalantes se comunica habitualmente en castelán.
Fonte: Canal Lietra
O Concello de Éibar aproba o Plan Estratéxico do Éuscaro para os próximos dez anos
Este plan estará centrado nos menores e na xente nova, así como na súa contorna, isto é, a familia, a escola, o ocio, a cultura ou o ámbito socioeconómico.
Fonte: Cadena Ser
Un estudo afirma que os falantes bilingües poden prever o idioma no que falará o seu interlocutor vendo a súa cara
O estudo, realizado polo centro de investigación vasco Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL), chega á conclusión de que os falantes bilingües activan no seu cerebro o idioma adecuado antes de recibir sinal lingüístico ningún.
Fonte: Heraldo
Boletín
Subscríbase ao boletín