España

Ponse en marcha en Navarra unha campaña para animar á matriculación en éuscaro na zona non vascófona

A asociación Sortzen Elkartea centra a súa campaña nos municipios situados ao sur de Navarra co obxectivo de convencer as familias de que matriculen os seus fillos no modelo D en éuscaro.

Fonte: El Confidencial Autonómico

Navarra

Solicitan que en toda a cartelería do Concello de Avilés se utilice o asturiano

A agrupación Somos Avilés solicitoulle ao Goberno municipal que todos os elementos de comunicación do concello estean en asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Un 22% do alumnado de Avilés estuda asturiano

Un total de 1790 estudantes da comarca de Avilés estuda lingua asturiana, o que supón un 22% do total, unha porcentaxe catro puntos inferior á media de Asturias, que supera lixeiramente o 26%.

Fonte: El Comercio

Asturias

Publícanse na rede unha serie de criterios para a denominación en catalán de variedades vitivinícolas

Estes criterios, publicados polo Termcat, ofrecen unha serie de pautas acerca do xénero gramatical, a utilización de maiúsculas e minúsculas, a sinonimia etc.

Fonte: Termcat

Cataluña

Un grupo de especialistas finaliza o informe coa grafía unificada para o aragonés

O Goberno de Aragón entregoulles a proposta de grafía unificada para o aragonés, elaborada por un comité de lingüistas, ás asociacións máis representativas vinculadas con esta lingua.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Real Academia da Lingua Vasca elabora un dicionario xurídico-parlamentario en éuscaro

A Real Academia da Lingua Vasca elaborou, en colaboración con institucións vascas, un dicionario xurídico-parlamentario en éuscaro no marco do convenio de colaboración asinado en 2011 co Parlamento vasco.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Comeza a andaina dunha nova radio en aragonés co obxectivo de promover esta lingua

O pasado 4 de febreiro púxose en marcha un novo medio de comunicación, Chisla Radio, a nova radio en aragonés que emitirá a través de internet e que busca converterse nunha ferramenta de fomento desta lingua.

Fonte: Heraldo

Aragón

A Universidade do País Vasco inclúe o éuscaro entre as materias que soben a cualificación na nova Selectividade

A Universidade do País Vasco incluirá os idiomas entre as materias que permiten subir a nota para acceder a un grao, de maneira que as facultades colocarán o éuscaro nese grupo prioritario e poderán decidir se inclúen tamén o castelán e o inglés.

Fonte: El Correo

País Vasco

Nace un boletín informativo sobre o asturiano no ámbito educativo

A Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización acaba de iniciar a publicación dun boletín informativo mensual que abordará o tema do ensino do asturiano.

Fonte: 20minutos

Asturias

Os gobernos de Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana comprométense a colaborar en materia de lingua e cultura

Os gobernos de tres territorios de fala catalá, Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana, presentaron a Declaración de Palma, pola que se comprometen a unir forzas para acadar unha serie de obxectivos relativos aos ámbitos cultural e lingüístico.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder