España

O número de estudantes de aragonés aumenta un 25 % respecto ao curso anterior

O número de alumnos/as que estuda aragonés pasou de 625 no curso anterior a 782 no actual, o que supón un incremento do 25 %.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O Instituto Ramon Llul e o FC Barcelona colaborarán na proxección exterior do catalán

Ambas as entidades renovaron o acordo de colaboración que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades conxuntas destinadas á proxección exterior da lingua e da cultura catalás.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Os equipos de Portugalete únense para fomentar o uso do éuscaro nas actividades deportivas

Os equipos deportivos da localidade subscribiron un convenio para aumentar o uso do éuscaro nas sesións de adestramento, nos partidos etc. co apoio do Concello.

Fonte: En Portugalete

País Vasco

Segundo un estudo, o cerebro bilingüe le de maneira distinta en castelán, éuscaro ou inglés

Este estudo, realizado polo Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián, conclúe que as redes neuronais que se activan son diferentes en función da lingua en que se le.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A lingua asturiana xa é oficial en Noreña

Xa entrou en vigor en Noreña a ordenanza municipal de uso do asturiano despois de cumprir todos os trámites legais e o período de exposición pública durante o cal non se recibiu alegación ningunha.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno balear convoca cursos de catalán para nais e pais do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria

Estes cursos teñen como obxectivo que pais e nais que non saben catalán adquiran coñecementos básicos desta lingua para comunicarse coas súas fillas e fillos e axudarlles na súa aprendizaxe.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Crean unha base de datos sobre o cine producido en lingua vasca

A páxina web Ganbara permitirá acceder á información de máis de 200 películas, 400 profesionais e 50 empresas do sector que producen cine en éuscaro.

Fonte: Eitb

País Vasco

Un estudo recompilará a toponimia aragonesa de Huesca

Un estudo, encargado polo Concello de Huesca a un especialista en lingua aragonesa, recompilará a toponimia tradicional das súas rúas e barrios.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Facultade de Dereito da Universidade de Valencia impulsará o uso do valenciano no ámbito xurídico

Un novo itinerario formativo da Facultade de Dereito, denominado "Jurista en valencià", busca que o valenciano se converta nunha ferramenta de comunicación no ámbito xurídico.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Un informe insta a poñer en marcha unha planificación lingüística firme para o éuscaro no ámbito do tempo libre

O informe Gu gazteok revela que o castelán está moi presente no tempo libre da mocidade vasca, polo que cómpre mellorar a situación do éuscaro en actividades relacionadas co deporte, a cultura e o lecer.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder