España
O proxecto Jendaurrean Erabili busca mellorar a comunicación pública en éuscaro
Este proxecto, promovido polo Clúster de Sociolingüística, ten como obxectivo crear unha rede de cooperación para facilitar e mellorar a comunicación pública en éuscaro.
Fonte: Eitb
O Instituto de Estudos Cataláns presenta a nova “Ortografía da lingua catalá”
Esta nova proposta de ortografía do catalán ten como principais cambios a redución das palabras con acento diacrítico e a perda do acento dos compostos e derivados destes.
Fonte: El País
Comeza a sexta edición do posgrao en lingua aragonesa no Campus de Huesca
Esta titulación, o Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, acollerá máis de vinte estudantes que se formarán en competencias comunicativas, orais e escritas en aragonés.
Fonte: Radio Huesca
A cuarta edición dos premios Lazarraga galardoará as empresas e as persoas que fomenten o éuscaro
Estes premios teñen o obxectivo de premiar o impulso da lingua vasca no ámbito socioeconómico de Áraba, tendo en conta variables como a realización do traballo en éuscaro, os recursos, as contratacións, a documentación interna ou o contorno do idioma.
Fonte: Gasteiz Hoy
A iniciativa Comerçlocal.cat impulsará a creación de webs en catalán entre os comerciantes locais
Esta iniciativa ten como obxectivo principal promover webs en catalán no comercio local, para o que se creará unha páxina web de balde para os comerciantes que adquiran un dominio .cat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un grupo de colectivos valencianos reclama unha lei de igualdade lingüística
A rede de entidades "Enllaçades per la llengua" reclámalle ao Goberno valenciano que aprobe unha lei de igualdade lingüística para que os falantes de lingua valenciana teñan os mesmos dereitos que os castelanfalantes.
Fonte: Cadena Ser
Os iPhone xa dispoñen da opción de configurarse en lingua asturiana
Na última actualización do sistema operativo deste móbil, a compañía Apple incluíu o asturiano como unha das linguas nas que pode configurarse o sistema.
Fonte: El Comercio
A Academia da Lingua Asturiana demanda un espazo informativo en asturiano na RTPA
A organización critica a pouca visibilidade da lingua asturiana na Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA) e pide a elaboración dun informativo en asturiano.
Fonte: La Voz de Asturias
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña amoesta unha xuíza por non respectar o dereito a empregar o catalán nun xuízo
A amoestación ten a súa orixe na actitude da xuíza ante dúas avogadas que empregaban o catalán nun xuízo de faltas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O novo dicionario do éuscaro introduce 18 000 entradas novas e unha versión en liña
Esta edición presentada pola Academia da Lingua Vasca ten como novidades 18 000 novos termos e a elaboración dunha versión dispoñible a través de internet.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín