España
A Deputación de Guipúscoa crea un equipo de traballo para acordar hábitos exemplares no uso público do éuscaro
A misión deste grupo de traballo, no que participarán entidades e institucións sociais, económicas e deportivas, será a de fixar uns "hábitos exemplares" na utilización pública do éuscaro que se convertan nunha referencia para a sociedade.
Fonte: Diario Vasco
Reclaman que as linguas de signos española e catalá formen parte da pluralidade lingüística de España
A lingua de signos foi reivindicada nun seminario celebrado no Senado como parte da diversidade lingüística que existe en España, un acto no que se reclamou a superación da desigualdade á que historicamente se viu sometida.
Fonte: Qué!
Celébrase un encontro das entidades que integran o Censo de fomento da lingua catalá
O encontro de entidades dedicadas ao fomento da lingua catalá ten como obxectivo recoñecer o compromiso destas coa promoción do catalán nos seus respectivos ámbitos de actividade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Zineuskadi traducirá ao éuscaro cinco filmes de animación
Zineuskadi traducirá ao éuscaro as películas de animación "ORM no Reino das Neves", "Sopa de Pedras", "O reino das ras", "Richard e a cegoña" e "Lobos".
Fonte: Diario Vasco
Pack Màgic incorpora novos títulos en catalán ao seu catálogo de DVD
A distribuidora de cinema infantil Pack Màgic incorporou á súa colección de DVD novos títulos en catalán dirixidos a nenos de 2 a 12 anos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un estudio biscaíño crea unha aplicación infantil para aprender éuscaro a través do xogo
Esanbaki é un xogo gratuíto dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos que lles axudará a memorizar de forma sinxela vocabulario e gramática básica en éuscaro.
Fonte: SPRI
A Academia Valenciana da Lingua presenta o seu vocabulario de nomes de persoa
O volume Vocabulari de noms de persona, que foi presentado na Feira do Libro, conta con 3000 entradas de nomes valencianos coa súa equivalencia en castelán.
Fonte: El Día
O Parlamento catalán solicita que a metade de películas que se exhiben en Cataluña estean dobradas ao catalán
Desde o Parlamento instan o Goberno catalán a pactar co sector cinematográfico que a metade dos filmes distribuídos e exhibidos en Cataluña se dobren e proxecten en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Segundo un estudo, o actual modelo educativo pon en risco a supervivencia do aragonés
Este estudo, realizado pola Universidade de Zaragoza, conclúe que o sistema educativo supón un perigo para a supervivencia do aragonés polas limitacións que lle impón a esta lingua.
Fonte: Aragón Digital
Aragón renova o seu convenio coa Generalitat de Cataluña para impulsar o ensino do catalán nos centros educativos
O Goberno de Aragón renovou o seu convenio coa Generalitat para fomentar o ensino do catalán en centros de ensino públicos das comarcas orientais que limitan con Cataluña.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín