España

Máis da metade da poboación de Bilbao sabe falar en éuscaro

Segundo os datos do Concello de Bilbao, en 30 anos multiplicouse por catro o número de euscaldúns na cidade e o 51,2% da poboación sabe éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Durante 2016 creáronse en Cataluña máis de 10 000 novas parellas lingüísticas

O Voluntariado pola Lingua propiciou durante o 2016 a creación dun total de 10 018 parellas lingüísticas, un número semellante ao ano anterior. Dende o seu nacemento en 2003, este programa superou as 110 000 parellas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Barcelona acolle un encontro de diarios europeos en linguas minoritarias

A asociación Midas, que integra unha trintena de diarios publicados en linguas minoritarias europeas, celebra na capital catalá a súa asemblea anual.

Fonte: Regió7

Cataluña

Pamplona acollerá unha xornada sobre deporte e éuscaro

O Goberno de Navarra e Euskarabidea organizaron para o vindeiro xoves 27 de abril unha xornada titulada 'Deporte y euskera, reflexiones y desafíos'.

Fonte: Navarra Información

Navarra

Ponse en marcha unha iniciativa para a creación dunha webserie en éuscaro

A iniciativa audiovisual Next Station Club impulsa unha convocatoria para seleccionar proxectos realizados en éuscaro co obxectivo de crear unha webserie producida integramente nesta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno de Navarra impulsa a denominación bilingüe de todos os municipios navarros

O Goberno navarro modificará os sinais de todos os municipios de Navarra para que recollan a súa denominación en bilingüe (castelán e éuscaro), mesmo os da zona non vascófona.

Fonte: Navarra.com

Navarra

Aragón crea a súa propia Academia da Lingua para regular o aragonés e o catalán

A creación desta Academia da Lingua ten como obxectivo que se converta no organismo de regulación lingüística para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o aragonés e o catalán.

Fonte: Finanzas

Aragón

O Goberno vasco destina 760 000 euros ao fomento do éuscaro

Este orzamento estará destinado a proxectos de fomento e consolidación do uso do éuscaro en ámbitos non formais, especialmente os que se levan a cabo no tempo de lecer.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno catalán pon en marcha novas medidas de fomento do occitano

Entre as novas medidas de fomento do occitano figura a dedución fiscal en 2018 das doazóns feitas en 2017 para actividades de promoción desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Reclaman maior recoñecemento para as linguas minoritarias de Aragón

O director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón reclamou no Senado un maior recoñecemento para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o catalán e o aragonés.

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder