España
Publícase un vocabulario básico interactivo da lingua de signos catalá
O vocabulario básico interactivo da lingua de signos catalá, elaborado polo Departamento de Cultura, alcanzará os 1500 termos pertencentes a 26 campos temáticos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Club Atlético Osasuna primará na súa contratación de persoal as persoas que saiban falar éuscaro
Na súa proposta de novos estatutos, o club inclúe un punto no que se especifica que o coñecemento de éuscaro se primará na contratación de persoal e se facilitara a aprendizaxe desta lingua entre as súas traballadoras e traballadores.
Fonte: Navarra.com
O Concello de Pamplona incrementa as axudas para a promoción do éuscaro
As axudas do Concello de Pamplona pasarán dos 65 000 a 82 500 euros, o que significa un incremento de case un 27%, e estarán destinadas a entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo proxectos de fomento do éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Case trinta municipios navarros incorporaranse á zona mixta grazas á modificación da Lei do éuscaro
Estes concellos, a petición propia, pasarán da “zona non vascófona” á “zona mixta”, un proceso que garantirá o dereito ao uso público do éuscaro como lingua propia aos seus máis de 33 000 habitantes.
Fonte: Noticias de Navarra
O TERMCAT publica un dicionario de ciencia en liña dirixido aos máis pequenos
O Petit diccionari de ciència, dirixido a nenas e nenos de 5 a 8 anos, contén 120 termos científicos definidos e ilustrados en tres linguas: catalán, castelán e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Guipúscoa destinará 2,5 millóns de euros a actividades de fomento do éuscaro
En total serán 2,58 millóns de euros destinados a subvencións para entidades que realicen proxectos de fomento do éuscaro, formación ou apoio a medios de comunicación nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Bilbao pon en marcha unha iniciativa para impulsar o uso do éuscaro nos ámbitos deportivo e tecnolóxico
O Concello de Bilbao pon en marcha un ano máis 'Euskal Coaching', unha iniciativa que prevé a realización de obradoiros e conferencias destinados a impulsar o uso do éuscaro nas actividades de lecer dirixidas á mocidade relacionadas co deporte e as TIC.
Fonte: Deia
Ediciones B lanza un selo que agrupa os seus títulos en lingua catalá
Trátase do selo B.cat, que reunirá títulos de ficción e non ficción, de distintos xéneros, de autores en catalán así como traducións de autores noutras linguas.
Fonte: El Periódico
A Filmoteca de Cataluña e o Consorcio pola Normalización Lingüística impulsarán xuntos a lingua e a cultura catalás
O Consorcio pola Normalización Lingüística e a Filmoteca de Cataluña asinaron un acordo de colaboración para fomentar a lingua e a cultura catalás.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualizan o banco de termos meteorolóxicos en éuscaro
Euskalment, a Axencia Vasca de Meteoroloxía, actualizou o seu banco de termos meteorolóxicos no cal se revisaron 1421 definición relacionadas con este ámbito.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín