España
O Goberno de Navarra impulsa unha campaña para mellorar a imaxe e o prestixio social do éuscaro
A campaña de comunicación desenvolverase durante a segunda quincena de novembro, e difundirá a súa mensaxe en revistas locais, transporte urbano e salas de cine.
Fonte: 20 Minutos
Demandan que se poidan presentar obras en asturiano ao premio de relatos do Concello de Villaviciosa
Este premio tan só permite presentar obras en lingua castelá, o que supón, segundo constata a organización Iniciativa polo Asturiano, unha discriminación grave para a lingua asturiana e os escritores que a empregan.
Fonte: Villaviciosa Hermosa
O Goberno vasco edita oito novos dicionarios terminolóxicos en éuscaro
Estes dicionarios están vinculados á formación profesional, á empresa, á Administración pública e ao dereito, e inclúen definicións con equivalencias en castelán, francés e inglés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
O programa comerçlocal.cat permite crear máis de 150 sitios web en catalán para comercios locais xerundenses
Este programa, impulsado pola Fundación puntCAT co apoio do Goberno de Cataluña, ten como obxectivo crear consciencia das oportunidades do mundo dixital para o comercio local.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Donostia acollerá o Foro Europeo da Diversidade Lingüística
O foro celebrarase os días 15 e 16 de decembro e nel entidades e profesionais relacionados coa lingua e coa cultura reflexionarán sobre o desenvolvemento das linguas minorizadas en Europa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Representantes do sector cultural asinan un manifesto en defensa da dobraxe en catalán
A Asociación de Actores e Directores Profesionais de Cataluña presentou un manifesto que ten como obxectivo resaltar a importancia da dobraxe para a difusión da lingua catalá.
Fonte: El Periódico
Unhas 5500 persoas inscríbense na convocatoria do Goberno balear para a obtención do certificado de catalán
Estas probas servirán para obter os certificados oficiais de coñecementos de catalán dos niveis A2, B1, B2, C1, C2 e linguaxe administrativa.
Fonte: La Vanguardia
Publícase a nova gramática da lingua catalá
O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) publica a súa nova gramática que se abre ás diferentes variedades lingüísticas do catalán e que flexibiliza a norma.
Fonte: La Vanguardia
O proxecto Kastanya.cat de promoción da música en catalán e en occitano finaliza cun concerto en Lleida
O proxecto Kastanya.cat, organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo promover a utilización do catalán e do occitano no ámbito da música.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo un informe da Generalitat, o catalán é a lingua de uso maioritario na Administración tanto en Cataluña como en Andorra
Segundo o Informe de política lingüística 2015, que analiza o emprego do catalán na Administración nas zonas do dominio lingüístico, en Andorra este uso chega ao 86,2 %, mentres que en Cataluña alcanza o 50,5 %. No resto dos territorios a súa utilización é inferior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín