España
Convócanse os cursos de promoción de coñecementos de valenciano dirixidos ao persoal da Administración
Os cursos de promoción de coñecementos de valenciano, convocados pola Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte, están destinados ao persoal non docente da Generalitat e de calquera empresa pública ou privada que traballe para a Administración valenciana.
Fonte: Valencia Noticias
Unhas xornadas afondan no coñecemento da lingua e a literatura aragonesas
Huesca acolle a sétima edición destas xornadas que teñen como obxectivo afondar no coñecemento da lingua aragonesa e da súa literatura da man de especialistas na materia.
Fonte: 20minutos
O Goberno navarro presenta un plan para fomentar a aprendizaxe do éuscaro e o seu uso en todos os ámbitos da sociedade
O Plan estratéxico de política lingüística 2016-2019 está a ser sometido a participación pública da cidadanía e con el preténdese fomentar a aprendizaxe do éuscaro e impulsar e estender o seu uso social.
Fonte: Pamplona Actual
O Congreso rexeita que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un requisito para os profesionais da Xustiza
O Congreso dos Deputados rexeitou que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un requisito para os maxistrados, os xuíces e os fiscais da Administración de Xustiza que exercen a súa profesión en Galicia, Cataluña, País Vasco, illas Baleares e Comunidade Valenciana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Pamplona estudará o uso do éuscaro nas rúas da cidade
A asociación Soziolinguistika Kluster será a encargada de estudar a utilización que se fai do éuscaro en Pamplona co obxectivo de avaliar e planificar as políticas lingüísticas municipais.
Fonte: Noticias de Navarra
O número de estudantes de aragonés aumenta un 25 % respecto ao curso anterior
O número de alumnos/as que estuda aragonés pasou de 625 no curso anterior a 782 no actual, o que supón un incremento do 25 %.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Instituto Ramon Llul e o FC Barcelona colaborarán na proxección exterior do catalán
Ambas as entidades renovaron o acordo de colaboración que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades conxuntas destinadas á proxección exterior da lingua e da cultura catalás.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os equipos de Portugalete únense para fomentar o uso do éuscaro nas actividades deportivas
Os equipos deportivos da localidade subscribiron un convenio para aumentar o uso do éuscaro nas sesións de adestramento, nos partidos etc. co apoio do Concello.
Fonte: En Portugalete
Segundo un estudo, o cerebro bilingüe le de maneira distinta en castelán, éuscaro ou inglés
Este estudo, realizado polo Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián, conclúe que as redes neuronais que se activan son diferentes en función da lingua en que se le.
Fonte: Diario Vasco
A lingua asturiana xa é oficial en Noreña
Xa entrou en vigor en Noreña a ordenanza municipal de uso do asturiano despois de cumprir todos os trámites legais e o período de exposición pública durante o cal non se recibiu alegación ningunha.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín