España
Zaragoza acollerá unhas xornadas sobre a diversidade lingüística en Aragón
Estas xornadas, organizadas polo departamento de Educación e a Asociación de Periodistas, abordarán a situación das linguas minoritarias en Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula as 100 prazas de mestre en éuscaro recollidas na Oferta de Emprego Público
O motivo da anulación destas prazas de mestre en éuscaro foi que non estaban recollidas no cadro de persoal orgánico co requisito específico do éuscaro.
Fonte: Eitb
O Dicionario da Academia da Lingua Vasca recibe case 100 000 visitas en outubro
Este dicionario, cuxa nova edición foi presentada o pasado 6 de outubro, recibiu case 100 000 visitas na súa versión web.
Fonte: El Diario
O Plan de subvencións culturais e de fomento do catalán de Baleares aumentará o presuposto un 14 %
O plan busca o impulso da cultura e da lingua catalás, para o cal disporá dun total de 2,4 millóns de euros, un 14 % máis que o ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
Unha nova aplicación móbil ofrecerá recursos xurídicos en éuscaro
Esta aplicación, elaborada polo Goberno vasco, ten como obxectivo principal o fomento do emprego do éuscaro na xustiza, con máis de 400 000 traducións xurídicas.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat Valenciana impulsará o multilingüismo no ámbito social
A Generalitat asinou un convenio de colaboración cola Federación Valenciana de Municipios e Provincias polo cal se compromete a destinar 30 000 euros á promoción do multilingüismo no ámbito social.
Fonte: València Extra
A Generalitat de Cataluña explorará novas vías para a promoción do catalán en Alguer
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat reuniuse en Barcelona cun representante do Concello de Alguer co obxectivo de colaborar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O 54,5 % dos internautas de Cataluña visita páxinas web en lingua catalá
Son datos do informe sobre Política Lingüística do 2015. As páxinas máis visitadas en Cataluña con versión en catalán son as das grandes empresas como Google ou Facebook e as dos medios de comunicación.
Fonte: El País
Publican un novo dicionario en liña sobre termos cataláns de xardinería e paisaxismo
Este novo glosario incluirá terminoloxía específica dirixida aos profesionais do sector da xardinería e do paisaxismo que desexen empregar uns termos comúns e estandarizados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Presentan unha campaña para impulsar o éuscaro no ámbito laboral na comarca de Oarsoaldea
A campaña, denominada Euskaraz, S.A., ten como obxectivo sensibilizar os axentes do ámbito laboral e fomentar a normalización lingüística da lingua vasca.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín